Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Educación para a saúde e a súa didáctica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Clases maxistrais dialogadas sobre temas de fundamentación teórica. As exposicións teóricas realizadas serán en modo presentación PowerPoint. Estas teñen por finalidade, presentar ao alumnado unha información organizada e estruturada en forma de cadros e esquemas de sínteses. Co fin de mellorar o valor didáctico deste método expositivo introduciranse elementos de motivación que inviten ao alumnado á participación, ao debate razoado e xeren un ambiente de aprendizaxe dinámica e aberto. Para que isto suceda, se incorporán paralelamente os seguintes recursos e estratexias didácticas: exploración das ideas ou coñecementos previos dos estudantes, proxección de materiais audiovisuais, comentarios de textos, animacións, etc.
Traballos de aula O principal obxectivo será iniciar ao alumnado no desenvolvementoo de determinadas habilidades, capacidades e destrezas para traballar a Educación para a saúde nas aulas de Educación Infantil.
Titoría en grupo Sesións presenciais que o alumno en pequeno grupo mantén co profesorado da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Traballos tutelados O estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma do/s estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción...
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000