Selección, presentación, análise e crítica dos materiais traballados, que poderán ser obxecto de avaliación mediante unha proba específica, ben sexa de carácter obxectivo ou doutra natureza.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Participación en seminarios, previa realización de lecturas, sobre un tema concreto.
20
A4
D5 D9
Traballo tutelado
Presentación, defensa e entrega, nas datas sinaladas e conforme aos parámetros indicados, dos traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado. Valorarase o marco teórico, a estrutura e articulación do traballo, a reflexión crítica sobre as fontes e a bibliografía e a presentación e exposición formal do mesmo.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en bibliografía específica e análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso de fontes históricas e das interpretacións historiográficas.
25
A3
C18 C23
D3 D4 D12
Resolución de problemas de forma autónoma
Presentación e entrega, nas datas sinaladas e conforme aos parámetros indicados, dos exercicios prácticos sinalados, os cales poderán ser obxecto de avaliación mediante unha proba específica, ben sexa de carácter obxectivo ou doutra natureza.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Análise crítico das tradicións historiográficas sobre temas controvertidos ou de interese xeral
5
C17
D7
Exame de preguntas de desenvolvemento
Valoraranse os coñecementos teóricos de la materia, a estruturación lóxica das ideas, a conciencia evolutiva dos distintos procesos históricos, a claridade expositiva, o espírito crítico, a madureza do estilo literario (sintaxe, léxico, ortografía, etc.) e a coherencia expositiva a través de dúas probas de avaliación que poderán incluír tanto probas de contido teórico como comentarios de textos, mapas e gráficas, composicións de texto histórico, etc. Para superar a materia será preciso acadar, en ambas as dúas probas, unha cualificación de cando menos 5 puntos sobre 10.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Coñecemento da contorna próxima, local e rexional, e da súa Historia.
40
Observación sistemática
Avaliación continua do traballo autónomo do alumnado e da súa participación activa, a través da realización das actividades e probas que conforman a programación da materia. Para o seu control é imprescindible a entrega dunha ficha por parte do alumnado antes de rematar a primeira quincena do cuadrimestre.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en fontes e bibliografía específicas.
10
A4
Outros comentarios sobre a Avaliación
O alumnado
deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a
avaliación continua. Así mesmo, deberá acudir e realizar as probas que o
profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase a través dos
seguintes recursos: Curso virtual na plataforma Moodle (MooVi, UVigo) e correo
electrónico. Docencia presencial: seguimento na aula e, no seu caso, o
seminario de informática da facultade. Docencia non presencial: Campus Remoto
(enlace en MooVi).
Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial
poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de
teledocencia MooVi, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos
materiais precisos para a adquisición das competencias e a consecución dos
resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. A
utilización dos materiais postos a disposición do alumnado a través de MooVi
deberá respectar os dereitos de autor/a e serán cualificados cun cero calquera
proba ou exame nos que se "copien no sustancial obras alleas, dándoas como
propias" (dle-rae).
Para todo o alumnado especificaranse en MooVi
as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de
entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. O seguimento
individualizado da participación de cada estudante a través das TIC farase a
partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de
acceso, realización de probas ou exercicios en liña, participación en foros, etc.).
Aqueles estudantes que
elixan ser avaliados mediante a modalidade de avaliación global deberán
comunicalo ao profesorado responsable da materia no prazo de 31 días hábiles
dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a
avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de
aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo), examinarase de todo o programa
da materia, o cal deberá preparar a partir da bibliografía básica sinalada, mediante
unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e do resto das actividades
prácticas fixadas no curso, que suporán en conxunto un 30% da nota. Todas estas
probas, no caso de que así o requiran, deberán estar asignadas, como mínimo, un
mes antes da realización do exame oficial de cada convocatoria ou oportunidade e
entregaranse non máis aló da data de realización do mesmo en cada una destas.
En todos os casos (modalidade presencial, semipresencial e opción polo mencionado
art. 64.g), para superar a materia, requírese obter unha cualificación mínima
de 5 puntos sobre 10 tanto na parte teórica como en cada unha das probas que
conforman a parte práctica.
Universidade de Vigo
|
Rectorado |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000