Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Prehistoria da Península Ibérica
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B3 Obter as habilidades necesarias para rexistrar, analizar e interpretar a información relevante de índole xeográfica e histórica
B5 Valorar as necesidades e problemas da sociedade e as aportacións (en termos de contribución efectiva) xeradas dende os ámbitos xeográfico-históricos, tendo en conta a necesaria igualdade social e entre sexos, a discapacidade e a educación para a paz
C13 Conciencia de respecto polos puntos de vista que se derivan de antecedentes culturais/nacionais
C16 Coñecemento detallado dun ou máis períodos específicos do pasado da humanidade
C19 Coñecemento da historia nacional propia
C23 Capacidade de identificar e utilizar apropiadamente fontes de información para a investigación histórica
D2 Aplicación dos coñecementos
D4 Comunicación oral e escrita no idioma propio
D7 Capacidade de razoamento crítico
D10 Atención á diversidade e multiculturalidade.
D15 Sensibilidade a temas ambientais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000