Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Prehistoria da Península Ibérica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Os coñecementos adquiridos serán avaliados mediante un proba de preguntas obxectivas.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento dos conceptos principais da Historia da Península Ibérica
40 C16
C19
Traballo Realizarase un traballo colaborativo con diversas actividades que finalizan na entrega dun documento e que deberá ser exposto.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en bibliografía específica
Respecto a outras culturas e modos de entender ao home e á súa contorna.
30 A3
A4
B5
C13
D4
D7
D10
D15
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumnado deberá solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesora.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en bibliografía específica
20 A4
D4
D7
Observación sistemática En todas as actividades e probas que conforman a programación valorarase a participación activa do alumnado.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso de fontes históricas e das interpretacións historiográficas
10 A5
B3
C23
D2
D4
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
  • A Material Virtual na plataforma de teledoncencia MooVi, da Universidade de Vigo, permitirá o acceso aos materiais precisos para adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. 
  • Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. 
  • O estudantado deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade , asistindo ás titorías, que serán fixadas nun horario compatible coa súa actividade, para resolver as dúbidas xurdidas no transcurso da avaliación continua. Así mesmo deberá acudir ás probas que o/a docente considere imprescindibles. No caso do alumnado semipresencial, as actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan poder acceder ao mesmo porcentaxe da nota. 
  • Para aprobar a materia, será preciso superar cada un dos bloques de avaliación da materia. 
  • O alumnado que non siga á modalidadede avaliación continua e que non realice a entrega de, como mínimo, o 80% das actividades prácticas nos prazos establecidos, pasará ao modelo de avaliación final. 
  • O seguimento individualizado da participación do alumnado (10%) será feito a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios enliña, etc..). 
  • O estudantado que elixa ser avaliado mediante a modalidade de avaliación global deberá comunicalo ao profesorado responsable da materia no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo).
  • O alumnado que non siga a avaliación continua será avaliado dos contidos do programada materia mediante unha proba escrita, que suporá o 90% da avaliación final, e que examinará a adquisición das competencias tanto teóricas como prácticas.
  • Todos os estudantes matriculados na materia deben cumprir o seu compromiso de honestidade académica e respectar os dereitos de autor/a tanto á hora de empregar os materiais postos á súa disposición a travésde Moovi, como en calquera tarefa, proba ou exame.
  • Calquera indicio de plaxio será cualificado cun cero, entendendo por iso cando se copien no substancial obras alleas, o que inclúe todo tipo de material ou recurso suxeito a propiedade intelectual, desde ideas e imaxes ata softwares ou vídeos, entre outros, sen citarse debidamente dándoas como propias.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000