Guia docente 2023_24
Facultade de Historia

Información básica

 

O grao en Xeografía e Historia proporciona ao alumnado unha serie de competencias que integran a aprendizaxe de coñecementos, a adqusiciónde habilidades e destrezas e a formación en actitudes e valores. Na liña doutras titulacións recoñecidas nas universidades europeas, ademáis de englobar contidos das disciplinas de Xeografía, Historia e Historia da arte, a oferta da nosa Facultade dota ao alumnado dunha serie ampla de competencias xerais e específicas.

Grao Xeografía e Historia (Plano 2014/15)

Destaca o carácter humanístico das disciplinas cunha longa e consolidada traxectoria académica e universitaria, e a súa capacidade para coñecer a orixe e a evolución de moitas das realidades culturais do noso tempo. En conxunto ofertamos unha formación básica en contidos interdisciplinares relativos ao coñecemento da estrutura diacrónica do pasado, das coordenadas espazo-temporais, interrelacionadas  coas xeográficas e artísticas. 

A formación  inclúe ámbitos temáticos e territoriais específicos e contidos instrumentais, a través das prácticas que os nosos estudantes realizan en diversas institucións e empresas. O coñecemento do noso pasado permite achegarse as ferramentas analíticas e conceptuais que a súa vez incitan á reflexión,  á crítica e ao respecto pola diversidade e a alteridade; en definitiva o coñecemento doutras realidades, moi variadas fomenta  os valores humanos  e achega principios éticos tan necesarios na sociedade actual.

O carácter multidisciplinar e polivalente dos estudos (Historia, Arte e Xeografía) capacita para un amplo abanico de saídas profesionais aos seus egresados, que resultan tan competitivos como os especializados nunha soa das disciplinas humanísticas, tendo en conta da cada vez maior flexibilidade do actual mercado laboral entre titulacións e postos de traballo. Os servizos educativos, os servizos da administración, os medios de comunicación, os centros de educación superior e secundaria, e un longo espectro de institucións e empresas, proporcionan un marco para o desempeño de actividades relacionadas co perfil formativo do grao, preparando para unha gran variedade de actividades.

Ademais, a riqueza histórica, artística, arqueolóxica e natural proporciona unha estreita relación entre os estudos universitarios e o mercado laboral, abrindo unha nova vía de profesionalización ante a crecente consideración do legado cultural herdado como recurso dotado de valor económico ou produtivo. A demanda e saídas profesionais no terreo da conservación, protección, xestión e difusión do patrimonio e o resto de actividades relacionadas co turismo cultural abren un amplo horizonte á saída profesional dos futuros graduados, que poden nesa liña especializarse no máster que ofertamos. 

Co obxectivo de dar resposta á demanda social de diferentes profesionais, e aos futuros graduados/as posibilítase unha continuación académica coherente con dous Másteres: Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio.

Unha situación similar presenta o Máster de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüedad orientado á especialización en arqueoloxía. 


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000