Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia: Fontes de información en humanidades
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Valoración do traballo autónomo do alumnado mediante a realización de cuestionarios e exercicios sobre os contidos da materia a través de Moovi.

Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Dominio dos instrumentos de recompilación de información en Humanidades. Destreza na utilización dos sistemas de citas e referencias bibliográficas.
10 A3
A5
B6
C7
C18
C23
C30
D1
D5
D6
D11
Exame de preguntas de desenvolvemento O alumnado examinarase dos seus coñecementos sobre os contidos teóricos da materia.

Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento dos recursos de recompilación e búsqueda de información xerais. Capacidade de selección e valoración crítica das fontes de información. Destreza na utilización dos sistemas de citas e referencias bibliográficas. Comunicación oral e escrita en idioma propio.
40 A4
A5
C18
C23
C30
D1
D4
D5
D7
Cartafol/dossier O alumnado elaborará en grupo e entregará a través de Moovi un informe coa a valoración das fontes de información integradas no traballo de curso que incluirá bibliografía final e citas ao rodapé.

Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Capacidade de selección e valoración crítica das fontes de información. Destreza na utilización dos sistemas de citas e referencias bibliográficas.Comunicación oral e escrita en idioma propio.
20 A3
A5
B6
C6
C7
C18
C23
C30
C32
C34
D1
D4
D5
D6
D7
D9
D11
Traballo O alumnado elaborará en grupo e entregará a través de Moovi un informe sobre a procura e selección das fontes de información integradas no traballo de curso.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Dominio dos instrumentos de recompilación de información en Humanidades. Capacidade de selección e valoración crítica das fontes de información. Destreza na utilización dos sistemas de citas e referencias bibliográficas.
20 A4
A5
B6
C6
C7
C18
C23
C30
C32
C34
D1
D4
D5
D6
D7
D9
D11
Presentación Presentación dos resultados obtidos no traballo de curso, na que participarán todos os integrantes do grupo, que serán cualificados de forma individual.

Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Capacidade de selección e valoración crítica das fontes de información. Destreza na utilización dos sistemas de citas e referencias bibliográficas. Comunicación oral e escrita en idioma propio.
10 A4
A5
B6
D1
D4
D5
D6
D7
D9
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O
alumnado deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios
para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir e
realizar as probas que o profesorado dispoña como imprescindibles. O
seguimento realizarase a través dos seguintes recursos: Curso virtual en Moovi e correo electrónico. Docencia presencial:
seguimento na aula e o seminario de informática da facultade. Docencia non
presencial: Campus Remoto (enlace en MooVvi).



Os
estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia
a través do Curso Virtual en Moovi (UVigo), que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das
competencias e a consecución dos resultados de aprendizaxe, tanto nos seus
contidos teóricos como prácticos. A utilización dos
materiais postos a disposición do alumnado a través de Moovi deberá respectar
os dereitos de autor/a e serán cualificados cun cero calquera proba ou exame nos
que se "copien no sustancial obras alleas, dándoas como propias" (DLE-RAE).



Para
todo o alumnado especificaranse en Moovi as metodoloxías docentes e as
actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou
remota) que quedará claramente establecido. O seguimento individualizado da
participación de cada estudante a través das TIC farase a partir das
ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso,
realización de probas ou exercicios en liña, etc.).

 Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a modalidade de “avaliación global deberán comunicalo ao profesorado responsable da materia no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo) e serán avaliados dos contidos do programa da materia
mediante unha proba escrita (45% da nota final), un traballo obrigatorio que
recollerá, valorará e citará as fontes de información necesarias para o estudo
dun mosteiro galego (50% da nota final: 25% cartafol/dossier - 25% informe procura) e será presentado oralmente (5% da
nota final).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000