Exame de preguntas de desenvolvemento |
O alumnado examinarase dos seus coñecementos sobre os contidos teóricos da materia.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento dos recursos de recompilación e búsqueda de información xerais. Capacidade de selección e valoración crítica das fontes de información. Destreza na utilización dos sistemas de citas e referencias bibliográficas. Comunicación oral e escrita en idioma propio. |
40 |
A4 A5
|
|
C18 C23 C30
|
D1 D4 D5 D7
|
Presentación |
Presentación dos resultados obtidos no traballo de curso, na que participarán todos os integrantes do grupo, que serán cualificados de forma individual.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Capacidade de selección e valoración crítica das fontes de información. Destreza na utilización dos sistemas de citas e referencias bibliográficas. Comunicación oral e escrita en idioma propio. |
10 |
A4 A5
|
B6
|
|
D1 D4 D5 D6 D7 D9 D11
|
O
alumnado deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios
para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir e
realizar as probas que o profesorado dispoña como imprescindibles. O
seguimento realizarase a través dos seguintes recursos: Curso virtual en Moovi e correo electrónico. Docencia presencial:
seguimento na aula e o seminario de informática da facultade. Docencia non
presencial: Campus Remoto (enlace en MooVvi).
Os
estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia
a través do Curso Virtual en Moovi (UVigo), que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das
competencias e a consecución dos resultados de aprendizaxe, tanto nos seus
contidos teóricos como prácticos. A utilización dos
materiais postos a disposición do alumnado a través de Moovi deberá respectar
os dereitos de autor/a e serán cualificados cun cero calquera proba ou exame nos
que se "copien no sustancial obras alleas, dándoas como propias" (DLE-RAE).
Para
todo o alumnado especificaranse en Moovi as metodoloxías docentes e as
actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou
remota) que quedará claramente establecido. O seguimento individualizado da
participación de cada estudante a través das TIC farase a partir das
ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso,
realización de probas ou exercicios en liña, etc.). Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a modalidade de “avaliación global deberán comunicalo ao profesorado responsable da materia no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo) e serán avaliados dos contidos do programa da materia
mediante unha proba escrita (45% da nota final), un traballo obrigatorio que valorará e citará as fontes de información necesarias para o estudo
dun mosteiro galego (45% da nota final) e será presentado oralmente (10% da
nota final). |