Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia: Fontes de información en humanidades
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Sesións de aula encamiñadas a tomar contacto co alumnado, presentar a materia e coñecer as súas competencias, motivacións e intereses.
Lección maxistral Exposicións introdutorias nas que se familiarizará o alumnado coas principais fontes de información, a súa valoración crítica, os recursos de recompilación existentes e a utilización dos sistemas de citas e referencias bibliográficas.
Eventos científicos Resérvanse dúas horas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas dende o Departamento de Historia, Arte e Xeografía e a Facultade de Historia.
Resolución de problemas Sesións na aula de informática nas que se traballará a procura, selección, recuperación e estilos de citas bibliográficas das fontes de información necesarias para o traballo de curso.
Traballo tutelado Actividades en grupo nas que se tutelará a realización dun proxecto consistente na procura, selección e valoración das fontes de información necesarias para o estudo dun mosteiro galego.
Resolución de problemas de forma autónoma Traballo autónomo do alumnado consistente na realización de cuestionarios e exercicios sobre os contidos da materia a través de Moovi.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000