Guia docente 2024_25
Facultad de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia: Introdución á historiografía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Presentación e entrega, na data sinalada dos traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado. Valorarase o marco teórico, a estrutura e articulación do traballo, a reflexión crítica sobre as fontes e a presentación formal do mesmo. Para superar a materia será preciso obter, nesta proba, unha cualificación mínima de 1,25 puntos dun máximo de 2,5 puntos.


Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Coñecemento dos principais problemas e debates historiográficos
25 C17
D5
D9
Seminario Selección, presentación, análise e crítica dos materiais traballados e capacidade para fomentar o debate, a discusión e a participación. Para superar a materia será preciso obter, nesta proba, unha cualificación mínima de 0,5 puntos dun máximo de 1 puntos.

Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Coñecemento dos principais problemas e debates historiográficos
10 D1
D5
Resolución de problemas de forma autónoma Actividades orientadas á resolución de problemas e/ou exercicios na aula relacionados cos contidos introducidos nas sesións maxistrais que inclúan a resolución de forma autónoma de comentarios e composicións de texto histórico, mapas históricos e análise e interpretación de materiais gráficos. Para superar a materia será preciso obter, nesta proba, unha cualificación mínima de 0,75 puntos dun máximo de 1,5 puntos.

Os resultados de aprendizaxe avaliados so: Coñecemento dos principais problemas e debates historiográficos; formación para interpretar adecuadaente as sociedades do pasado.
15 A5
B3
C17
D1
D5
D9
Exame de preguntas de desenvolvemento Valoraranse os coñecementos teóricos da materia, a estruturación de ideas e a precisión e claridade expositiva a través de unha proba de avaliación que podrán incluir tanto exercicios de contido teórico como comentarios de textos, mapas e gráficas. Para superar dita probar será preciso acadar, cando menos, unha cualificación mínima de 2 puntos dun máximo de 4 puntos.

Os resultados de aprendizaxe avalados son: Coñecemento dos principais problemas e debates historiográficos.
40 C17
D1
D5
Observación sistemática Avaliación continua do traballo autónomo do alumnado, da totalidade das actividades e probas que conforman a programación da materia, incluido o foro. Para o seu control e imprescindible a entrega dunha ficha por parte do alumnado antes de rematar a primeira quincena do cuadrimestre .antes de rematar a primeira quincena do cuadrimestre.

Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Coñecemento dos principais problemas e debates historiográficos
10 A4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
O alumnado deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo, deberá acudir e realizar as probas que o profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase a través dos seguintes recursos: Curso virtual na plataforma Moodle (MooVi, UVigo) e correo electrónico. Docencia presencial: seguimento na aula e, no seu caso, o seminario de informática da facultade. Docencia non presencial: Campus Remoto (enlace en MooVi).

Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia MooVi, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e a consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. A utilización dos materiais postos a disposición do alumnado a través de MooVi deberá respectar os dereitos de autor/a e serán cualificados cun cero calquera proba ou exame nos que se "copien no sustancial obras alleas, dándoas como propias" (dle-rae).

Para todo o alumnado especificaranse en MooVi as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. O seguimento individualizado da participación de cada estudante a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, participación en foros, etc.).

Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a modalidade de "avaliación global" deberán comunicalo ao profesorado responsable da materia no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo). O alumnado que non decida acollerse á avaliación continua, e o comunique no prazo fixado, examinarase de todo o programa da materia, o cal deberá preparar a partir da bibliografía básica sinalada, mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e do resto das actividades prácticas fixadas no curso, que suporán en conxunto un 30% da nota. Todas estas probas, no caso de que así o requiran, deberán estar asignadas, como mínimo, un mes antes da realización do exame oficial de cada convocatoria ou oportunidade e entregaranse non máis aló da data de realización do mesmo en cada una destas. En todos os casos (modalidade presencial, semipresencial e opción polo mencionado art. 19.4), para superar a materia, requírese obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 tanto na parte teórica como en todas e cada unha das probas que conforman a parte práctica.

Ao longo do curso entregarase documentación detallada sobre o desenvolvemento das actividades, polo que todo o alumnado deberá estar dado de alta na plataforma de teledocencia e ter cubertos os seus datos de perfil.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000