Guia docente 2025_26
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Hidroloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Avaliación dos coñecementos adquiridos mediante probas orales ou escritas. 40 C1
C4
C5
C6
C15
D3
Seminario Resolución de exercicios e casos. Participación na aula. Calidade das memorias de seminarios. 20 A3
A4
B1
B2
C15
D1
D3
D4
D5
Prácticas de laboratorio Puntualidade e dedicación ao traballo. Calidade do traballo de laboratorio, calidade das anotacións de resultados experimentais e observacións. Calidade da memoria de prácticas. 5 A3
A4
B2
C15
D1
D3
Prácticas de campo Puntualidade e dedicación ao traballo. Calidade do traballo de campo, calidade das anotacións de resultados experimentais e observacións de campo. Calidade da memoria de prácticas. 15 A3
A4
B2
C15
D1
D3
Resolución de problemas de forma autónoma Avaliación da exactitude, precisión e calidade de exposición dos resultados dos problemas. 20 C1
C4
C5
C6
C15
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Convocatoria ordinaria (1ª edición)


A nota final será a suma ponderada das
cualificacións obtidas nas distintas probas. En concreto, cada unha das probas
de:



• Lección maxistral mediante una proba escrita.


• Seminario,


• Prácticas de laboratorio e campo,


• Resolución autónoma de problemas


Cada un destes apartados só poderá contribuír á suma cando a cualificación dos mesmos alcance polo menos o 30% da súa cualificación
máxima.

Para superar as prácticas é requisito asistir ao 100% das mesmas.

Convocatoria
de xullo (2ª edición)
: a avaliación terá os mesmos criterios que os
considerados na convocatoria ordinaria (1ª edición).


Consistirá nunha proba de avaliación dos
coñecementos adquiridos na lección maxistral que contribuirá cunha ponderación
do 40% da nota final, á  cal se sumarán as cualificacións obtidas nas probas de:


• Seminario,


• Prácticas de laboratorio,


• Prácticas de campo,


• Resolución autónoma de problemas


Cada unha destas catro probas só pode contribuír á
suma cando a cualificación alcance polo menos o 30% da súa cualificación
máxima.


O alumno poderá engadir as probas do traballo de
seminario e as prácticas que non superasen o 30% da nota na primeira
convocatoria.

Convocatoria
de fin de grao:
só consistirá nun exame no que se avaliará a adquisición
das competencias en todas as probas e contribuirá co 100% da cualificación.

AVALIACIÓN CONTINUA:
A modalidade de avaliación preferente é a Avaliación Continua. A avaliación continua baséase na avaliación ponderada, según se indica, de todas as actividades propostas ao longo da materia.

AVALIACIÓN GLOBAL
Aquel alumno que desexe a Avaliación Global (o 100% da cualificación no exame oficial) debe comunicarllo ao responsable de materia, por email ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o comezo da docencia da materia. Neste caso o exame terá unha maior duración que o exame correspondente á avaliación continua, e incluirá preguntas sobre tódalas probas de avaliación da materia.
 


Código ético e de conduta


O alumno debe estar suxeito un
comportamento responsable e honesto. Considerarase inadmisible calquera forma
de fraude (é dicir, copia e / ou plaxio) dirixida a falsificar o nivel de
coñecemento ou destreza acadado polos estudantes en calquera tipo de proba,
informe, ou traballo deseñado para este propósito. Esta conduta fraudulenta será
sancionada coa firmeza e o rigor establecidos pola normativa vixente.



No caso de detectar indicacións de conduta académica por parte do alumno, a validación das cualificacións obtidas nos apartados anteriores poderá solicitarse mediante entrevistas orais. Se durante a entrevista o estudante non pode apoiar os resultados obtidos nas probas de avaliación, considerarase como unha proba de conduta fraudulenta nas probas.

Os estudantes con obrigacións laborais,
coincidindo co horario presencial e unha vez xustificados, terán que
asistir a
titorías de adaptación do traballo e a temporalización ás devanditas
obrigas. Unha vez acreditada la necesidade de compatibilizar, os
responsables da materia facilitarán un
procedemento de avaliación axeitado ao caso que lle permita obter o 100%
da cualificación.

Exames: as datas están publicadas na web da Facultade de Ciencias https://fcou.uvigo.es/docencia/exames/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000