Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Hidroloxía
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Presentación de contidos de cada bloque temático.
Xustificación dos contidos.
Explicación de conceptos con dificultades específicas de comprensión.
Introdución das actividades de aula específicas do bloque.
Seminario Aporte de información descritiva e datos básicos do material a utilizar de seminarios.
Presentación da información, as súas características e organización, localización e análise das fontes de información.
Exposición das tarefas e obxectivos a resolver nos seminarios.
Inicio das tarefas.
Supervisión e titorización do progreso de traballo de seminario.
Asistencia a conferencias de invitados expertos na materia.
Prácticas de laboratorio Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades
básicas e procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo.
Desenvolveranse en espazos especiais con equipamento especializado (laboratorios, aulas
informáticas, etc).
Prácticas de campo 1) Comunicación do inicio de prácticas, difusión do guión de prácticas, preparación previa e comunicación de advertencias confort e de seguridade: roupa e calzado, uso de materiais e instrumentos.

2) Inicio da práctica: presentación dos guións. Xustificación e de obxectivos de cada práctica e recomendacións de execución das tarefas 15'.

3) Transcurso da práctica: supervisión da execución das tarefas. Anotación de indicadores de calidade do desenvolvemento das tarefas dos estudantes.

4) Reunión final da práctica. Sesión de elaboración de discusión e conclusións 20-30'. Control da asistencia ao final da práctica.
Resolución de problemas de forma autónoma Resolución de problemas, exercicios e cuestionarios sobre os contidos expostos na Lección Maxistral, Seminario, e Prácticas de Laboratorio e Campo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000