1.
Avaliación
continua Seguindo
as directrices propias da titulación e os acordos da
comisión académica ofrecerase nesta materia
un sistema de avaliación continua. A
materia divídese en dous partes: teoría (60%) e práctica (40%).
As cualificacións das tarefas avaliables serán válidas só para o
curso académico no que se realizan. A cualificación final do
estudantado que elixa esta vía non poderá ser "non presentado".
A planificación das diferentes probas de avaliación estará
dispoñible ao principio do cuadrimestre. 1.a Teoría.
Realizaranse
3 probas parciais de teoría (PT) debidamente
programadas ao longo do curso. Cada
proba parcial constará dunha serie de preguntas curtas e/ou de tipo
test e/ou resolución de problemas e/ou exercicios. A nota de cada
proba parcial de teoría (PT) valorarase de 0 a 10 puntos. A nota
das probas ás que falte será de 0 puntos. A nota final de teoría
(NFT) será a media aritmética das notas dos
parciais: NFT
= (PT1 + PT2 + PT3)/3 Para
superar a parte de teoría será necesario obter polo menos 5 puntos
de 10 en cada unha delas. 1.b
Práctica Realizaranse
9 sesións de prácticas de laboratorio de 2 horas en grupos
de 2 persoas (sempre que sexa posible formalos). A parte práctica cualificarase mediante a
avaliación continua de todas as prácticas. A valoración da parte práctica farase de forma individual. Terase en conta o traballo individual de preparación previa, a participación e o traballo desenvolvido por cada membro do grupo durante as sesións de prácticas. Cada práctica valorarase
cunha nota (NP) entre 0 e 10 puntos. A nota das prácticas ás
que se falte será de 0. A nota final das prácticas (NFP)
será a media aritmética das notas das prácticas. 1.c
Nota final da materia Na
nota final (NF), a nota de teoría (NFT) terá un peso do 60%
e a nota de prácticas (NFP) un peso do 40%. Para aprobar a materia
será imprescindible superar a parte de teoría. Neste caso a cualificación final será a suma
ponderada das notas de cada parte: NF
= 0,6·NFT + 0,4·NFP No
caso de non superar a parte de teoría (NFT < 5), ou de non alcanzar o mínimo de 5 puntos en cada unha das
probas parciais de teoría, a nota final será a obtida coa seguinte expresión: NF
= min({4,9; (0,6·NT + 0,4·NP)}), onde: NT = 5 -Suma(Ai)/3 sendo Ai = max( {0; 5-PTi} ) para i= 1, 2, 3. NP = min( {5; NFP} ) Para aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF>=5. 2. Avaliación global
Quen non opten pola avaliación continua poderá presentarse a unha proba de avaliación global que constará dunha serie de actividades avaliables similares ás que se contemplan na avaliación continua. Así, nas datas establecidas pola dirección da Escola para a realización de dita proba, quen non optase pola avaliación continua deberá realizar unha proba teórica que poderá conter preguntas relacionadas cos contidos desenvolvidos nas prácticas de laboratorio. O exame teórico consistirá en tres probas que constarán dunha serie de preguntas curtas e/ou de tipo test e/ou resolución de problemas e/ou exercicios. Cada proba (PT) valorarase de 0 a 10 puntos e a nota final de teoría (NFT) será a media aritmética das notas das probas parciais: NFT = (PT1 + PT2 + PT3)/3 Quen non realizase as prácticas da materia terá unha nota final de prácticas (NFP) de 0 puntos. Para aprobar a materia será imprescindible obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada unha das tres probas de teoría. Neste caso a cualificación final será a suma ponderada das notas de cada parte: NF = 0,6·NFT + 0,4·NFP No
caso de non superar a parte de teoría (NFT < 5), ou de non alcanzar o mínimo de 5 puntos en cada unha das
probas parciais de teoría, a nota final será a obtida coa seguinte expresión: NF
= min({4,9; (0,6·NT + 0,4·NP)}), onde: NT = 5 -Suma(Ai)/3 sendo Ai = max( {0; 5-PTi} ) para i= 1, 2, 3. NP = min( {5; NFP} ) Para aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF>=5. 3. Avaliación na convocatoria extraordinaria e na convocatoria de fin de carreiraA avaliación na convocatoria extraordinaria e na convocatoria de fin de carreira terá o mesmo formato que a avaliación global (apartado 2). A proba de avaliación celebrarase nas datas que estableza a dirección da Escola. A quen se presente á avaliación na convocatoria extraordinaria conservaráselle a nota que obteña na convocatoria ordinaria (avaliación continua ou global) nas partes ás que non se presente. O cálculo da nota final da materia realizarase tal e como se explica no apartado 2. 4. Compromiso ético Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, ou outros), en
calquera dos traballos/probas realzadas, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será
comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. Profesor responsable de grupo:Grupo A1: VICENTE PASTORIZA SANTOS Grupo A2: FRANCISCO POZA GONZÁLEZ
|