=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS
1- Metodoloxías docentes que se manteñen
- Lección maxistral
- Resolución de problemas
2- Metodoloxías docentes que se modifican
- Prácticas de laboratorio: substituiríanse por vídeos explicativos e a utilización de programas de simulación
3- Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
- As sesións de titorías poden realizarse por medios telemáticos: correo electrónico, foros de FAITIC, ...etc ou videoconferencia baixo a modalidade de concertación previa.
ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN
As probas de avaliación manteríanse co mesmo formato e cos mesmos pesos, realizándose estas cos medios telemáticos proporcionados pola Universidade de Vigo
|