Resolución de problemas de forma autónoma |
Outras actividades avaliables (entregas parciais do traballo, análise do corpus para o traballo, exercicios, comentarios etc.): 20%.
Recensión crítica de bibliografía (que fornecerá, individualmente, o profesor): 20%. |
40 |
|
|
|
|
Presentación |
Un 10% da cualificación correspóndelle á exposición oral na aula: (i) da recensión crítica de bibliografía e (ii) do traballo titorizado (con cadanseu 5%).
As exposicións durarán, aproximadamente, 15 minutos, e nelas non se poderá ler. Poderase empregar un pequeno guión ou acompañar a exposición de axudas audiovisuais, mais a presentación oral non pode constituír a simple lectura deste material. |
10 |
A4
|
|
C5 C9
|
D6
|
As diferentes tarefas (traballo titorizado, recensión crítica, entregas parciais...), para seren avaliadas, téñense que ir entregando dentro dos
prazos que se marquen. Cómpre superar tanto o traballo titorizado coma a recensión crítica para superar a materia.
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera dos traballos suporá un cero nesa proba. Para as exposicións orais, o alumnado que o precise -e sempre que a(s) universidade(s) forneza(n) un/ha intérprete- poderá empregar a lingua de sinais.
Quen
opte por un réxime semipresencial (ou o alumnado cunha dispensa académica oficial) terao que comunicar por correo
electrónico antes do inicio da materia. Forneceranse as indicacións
para que se poidan adquirir os contidos teóricos e deberanse ir realizando nos prazos que se marquen as
actividades avaliables do curso (incluídos os traballos, que son obrigatorios). Para
a segunda convocatoria (mantéñense
os mesmos criterios ca na primeira) gardaranse os aptos obtidos na primeira e
proporcionaranse indicacións para superar as actividades (que seguen a ser as mesmas da primeira edición das actas) que non se entregasen
ou non alcanzasen o apto. Tal e como se recolle no parágrafo 4 do artigo 40 do Regulamento sobre avaliación (22/12/2023), o docente "poderá esixir que nos traballos e materiais entregados polo estudantado se inclúa unha declaración explícita na que se asuma a orixinalidade destes, entendida no sentido de que non se utilizaron fontes sen citalas debidamente".
|