Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Temas de Lingüística Contrastiva
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Realizarase un traballo individual de lingüística contrastiva seguindo as indicacións do profesor (que guiará metodoloxicamente e resolverá todas as dúbidas que xurdan ó longo do proceso de elaboración). Poderanse elixir libremente as linguas de contraste e o eido que se estudará, sempre a partir dun pequeno corpus e priorizando unha análise intensiva. 40 A1
A2
A4
A5
B1
B4
C1
C2
C3
C5
C8
C9
D6
D8
Resolución de problemas de forma autónoma Outras actividades avaliables (entregas parciais do traballo, análise do corpus para o traballo, exercicios, comentarios etc.): 20%.
Recensión crítica de bibliografía (que fornecerá, individualmente, o profesor): 20%.
40
Lección maxistral Valorarase a asistencia e participación activa nas clases. 10 A1
A2
A4
A5
B1
B4
C1
C2
C3
C5
C8
C9
D6
D8
Presentación Un 10% da cualificación correspóndelle á exposición oral na aula: (i) da recensión crítica de bibliografía e (ii) do traballo titorizado (con cadanseu 5%).

As exposicións durarán, aproximadamente, 15 minutos, e nelas non se poderá ler. Poderase empregar un pequeno guión ou acompañar a exposición de axudas audiovisuais, mais a presentación oral non pode constituír a simple lectura deste material.
10 A4
C5
C9
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As diferentes tarefas (traballo titorizado, recensión crítica, entregas parciais...), para seren avaliadas, téñense que ir entregando dentro dos
prazos que se marquen. Cómpre superar tanto o traballo titorizado coma a recensión crítica para superar a materia.

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera dos traballos suporá un cero nesa proba. Para as exposicións orais, o alumnado que o precise -e sempre que a(s) universidade(s) forneza(n) un/ha intérprete- poderá empregar a lingua de sinais.

Quen
opte por un réxime semipresencial (ou o alumnado cunha dispensa académica oficial) terao que comunicar por correo
electrónico antes do inicio da materia. Forneceranse as indicacións
para que se poidan adquirir os contidos teóricos e deberanse ir realizando nos prazos que se marquen as
actividades avaliables do curso (incluídos os traballos, que son obrigatorios).

Para
a segunda convocatoria
(mantéñense
os mesmos criterios ca na primeira) gardaranse os aptos obtidos na primeira e
proporcionaranse indicacións para superar as actividades (que seguen a ser as mesmas da primeira edición das actas) que non se entregasen
ou non alcanzasen o apto.

Tal e como se recolle no parágrafo 4 do artigo 40 do Regulamento sobre avaliación (22/12/2023), o docente "poderá esixir que nos traballos e materiais entregados polo estudantado se inclúa unha declaración explícita na que se asuma a orixinalidade destes, entendida no sentido de que non se utilizaron fontes sen citalas debidamente".

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000