Guia docente 2025_26
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Valórase:
A calidade técnica do traballo, fundamentación teórica, proposta metodolóxica e capacidade crítica (60%).
A presentación escrita, especialmente a corrección formal e a adecuación aos estándares descritos nesta guía (20%).
80 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9
C10
C11
C12
C13
C14
C15
C16
C17
C18
C19
C20
C21
C22
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
Presentación Valorarase especialmente a habilidade e o dominio da linguaxe verbal e a capacidade de síntese. 20 A4
B4
B8
C9
C17
D2
D4
D6
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para a avaliación seguirase o disposto no Regulamento do Traballo Fin de Grao da Facultade de Filoloxía e Tradución.

A matrícula do traballo de fin de grao dá dereito a dúas oportunidades de avaliación nun
mesmo curso académico, sempre que se cumpran os requisitos para a súa defensa recollidos
no Regulamento do TFG. En caso de non superar a materia nese curso, poderá
solicitar un adianto da avaliación no seguinte curso académico. 

O TFG ha de ser supervisado pola persoa titora asignada ao estudante. Para que o/a alumno/a poida realizar a solicitude de defensa debe contar coa autorización favorable do seu titor/a. Todos os procesos administrativos referentes ó TFG deberán facerse a través do aplicativo habilitado para a xestión de TFGs en SIGMA. Recoméndase estar atento ó calendario oficial do TFG, para calquera das convocatorias, aprobado pola Facultade de Filoloxía e Tradución e que figura na web da FFT. 

O procedemento será o seguinte:

  1. O/A estudante deberá solicitar a defensa para o período de xuño ou xullo (no prazo fixado) a través da aplicación de SIGMA.
  2. Una vez que o/a estudante faga o seu trámite virtual, debe avisar ó titor/a.
  3. O/A titor/a fai o seu trámite en SIGMA (no prazo fixado) e autoriza ou dá a súa conformidade á defensa do TFG.
  4. O/A alumno/a debe subir o arquivo do seu TFG en PDF a SIGMA no prazo fixado, para que posteriormente o titor poida descargalo.
  5. O/A titor/a comunica (no prazo fixado) a data, hora e lugar de celebración da defensa oral do TFG á Secretaría de Decanato. Hai un documento modelo de convocatoria no espazo do  MOOVI do TFG.
  6. A data de defensa do TFG farase publica a través do espazo do MOOVI do TFG.
  7. O/A titor/a debe subir a SIGMA a acta de actuación do tribunal unipersonal (e de ser necesarios os informes complementarios) no prazo fixado. O Modelo de Acta de Cualificación do TFG e o Informe Complementario do TFG unipersonal estarán dispoñibles no espazo do MOOVI do TFG.
  8. O/A titor/a debe cubrir as actas en SIGMA. En caso de que a proposta sexa de MH, o/a titor/a non pode cerrar as actas ata que non estean todas as notas e se poida decidir. Ademais deberá achegar un informe xustificativo da MH.
  9. No espazo do MOOVI do TFG hai guías para o estudantado e profesorado e información máis detallada sobre todo o proceso.

Coa finalidade de que a persoa titora poida realizar o seu labor de supervisión e seguimento do TFG, compatibilizándoa con  obrigacións académicas (e o estudante poida efectuar, no seu caso, as correccións pertinentes, compatibilizándoas tamén con outras tarefas académicas), o titor/para pode acordar co estudante tutorizado un calendario de entregas parciais e final do traballo. 

Salvo que o titor lle dea outras indicacións ao estudante, este deberá entregar ao seu titor/a un borrador do traballo completo con polo menos quince días naturais de antelación á data de inicio da solicitude do prazo de defensa. A persoa titora responderá ó estudante coas observacións e correccións oportunas nun prazo común de 7 días naturais, sen prexuízo de que poida acordar co/a alumno/a un prazo maior por motivos xustificados de sobrecarga de traballo ou outras circunstancias razoables concorrente.

O seguimento dunhas normas éticas considérase básico na elaboración do TFG. En particular, o respecto polo recoñecemento da autoría allea. Así, calquera plaxio identificado será motivo de suspenso do TFG. Entenderase por plaxio calquera reprodución literal presentada como propia dun texto alleo, independentemente da súa extensión ou calquera apropiación das ideas ou metodoloxía dun autor ou dunha autora que non se mencione nas referencias e, isto, sexa cal sexa a súa procedencia.

Os TFG poderán ser sometidos a avaliación do plaxio por medio de calquera dos programas antiplaxio existentes e os informes obtidos seren remitidos ao titor ou titora ou á comisión de avaliación correspondente para a súa consideración.

Recoméndase que o estudantado visite a plataforma Moovi con regularidade. Os avisos e anuncios faranse mediante esta plataforma vía correo electrónico. É responsabilidade do/da estudante consultar os medios de comunicación establecidos.

Este documento constitúe soamente unhas indicacións e recomendacións sobre o TFG, o cal se rexe polo Regulamento do TFG da FFT.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000