Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Sintaxe da lingua galega II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado O traballo, individual, é obrigatorio tanto para o estudantado presencial coma para o SEMIPRESENCIAL. A data límite de entrega coincidirá coa data oficial do exame (en cada unha das dúas edicións das actas). Poderase realizar unha pequena presentación (aínda que non estea concluído), seguindo as indicacións que se proporcionen. 35 A1
A5
B1
B7
C1
C2
C5
D1
D2
D6
D8
D9
D10
D12
Resolución de problemas Durante o cuadrimestre especificaranse as actividades prácticas que serán avaliables. É preciso que se vaian entregando dentro dos límites temporais que se indiquen.

Para o ESTUDANTADO SEMIPRESENCIAL esta epígrafe alcanza un 30% da cualificación final, por iso deberá levar a cabo algunha práctica avaliable a maiores ou realizar máis exhaustivamente algunha das que se propoñan (sempre seguindo as indicacións do/a docente).
25 A5
B1
B7
B8
C1
C2
C5
D1
D2
D6
D8
D10
D11
D12
Exame de preguntas de desenvolvemento O estudantado de avaliación continua (tanto presencial coma SEMIPRESENCIAL) realizará unha proba escrita na data oficial proposta no calendario da FFT (para calquera das dúas edicións das actas) sobre os contidos teórico-prácticos da materia. 35 A1
A5
B1
B7
C1
C2
C5
C8
D1
D2
D3
D6
D8
D9
D10
D11
D12
Observación sistemática Valorarase a asistencia regular cunha participación activa nas aulas maxistrais.

Para o ESTUDANTADO SEMIPRESENCIAL este 5% da nota sumarase na metodoloxía "Resolución de problemas".
5 B1
C1
C2
D1
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

   Por defecto, enténdese que o estudantado opta por un sistema de avaliación continua; se así non for, deberá comunicar nas dúas primeiras semanas do curso a súa intención de se presentar á avaliación única permitida pola Universidade de Vigo.

-Avaliación continua (para quen (a) asista regularmente ás aulas presenciais e (b) entregue as tarefas respectando os prazos e as indicacións do profesor -(a) e (b) para o estudantado presencial e só (b) para o SEMIPRESENCIAL-): para poder facer a media final ponderada, haberá que superar independentemente traballo, exame escrito e prácticas avaliables. Todas as prácticas, actividades e traballos solicitados teñen que se entregar, para poder ser avaliados, nos prazos marcados. Aquelas probas que non se superen na primeira edición das actas (xaneiro) poderanse recuperar na segunda edición das actas (xuño/xullo), co límite de entrega situado na data fixada pola FFT para o exame. Se por causa xustificada algún/ha estudante non pode cumprir co requisito (a), deberallo comunicar ó docente, que proporá outras accións compensatorias.

-Avaliación única (admitida pola Universidade de Vigo): poderase superar a materia, en calquera das dúas edicións de actas (xaneiro e xullo), a través dun exame final escrito de todos os contidos teórico-prácticos da materia [40%] (que se realizará nas datas fixadas pola FFT no seu calendario oficial) e mais de dous traballos (seguindo as indicacións que se fornezan) [20%-40%]. Cómpre superar tanto o exame coma os traballos (en cada unha das convocatorias) para poder aprobar a materia. É obrigatoria a presentación oral dos traballos (fixarase a data da exposición). Aínda que se opte por un sistema de avaliación única aconséllase a asistencia ás aulas.

A copia ou o plaxio, total ou parcial, será avaliado cun cero na proba (traballo, práctica ou exame) en que se detecte. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade neste aspecto.

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma Moovi (novidades, documentos, cualificacións) e estar ó tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas.

Todas as consultas realizadas por correo electrónico serán atendidas no horario de titorías.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000