Serse capaz de habilitar autónoma e eficazmente, do modo máis natural e económico, o léxico e a morfosintaxe típicos das linguas especializadas técnico-científicas en idioma galego, o que demanda o desenvolvemento de destrezas de lectura e exploración de textos especializados redixidos en luso-brasileiro (v. Principio 4.º das NOMIG da RAG-ILG [2003: 12]; Freixeiro Mato, 2009: 139-140; Garrido, 2011). |
A2
|
B6
|
C1 C2 C3 C3 C4 C4 C5 C5 C6 C8 C14 C17 C18 C21 C22
|
D4 D5 D6 D6 D7 D7 D9 D14 D15 D23
|
Serse capaz de recoñecer no texto-fonte redixido en inglés, e en relación á lingua e á comunidade sociocultural galegas, as estruturas lexicais e morfosintácticas e os trazos textuais e culturais que, no cadro da correspondente tradución instrumental, se revelarán críticos ou problemáticos. |
A1 A2 A3 A4 A5 A5
|
B4 B8 B11
|
C2 C3 C4 C9 C15 C17 C17 C53 C54 C55
|
D1 D1 D2 D2 D5 D7 D8 D12 D15 D16 D17 D18 D19 D21
|
Serse capaz, autónoma e eficazmente, de detectar e analisar problemas tradutivos e de aplicar as pertinentes estratexias tradutivas no cadro da tradución instrumental (ecuifuncional ou heterofuncional) entre inglés e galego de textos técnico-científicos pertencentes aos xéneros «artigo de enciclopedia», «manual de instrucións de utilización de produto da técnica», «artigo de divulgación» e «artigo de revista especializada». |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B2 B3
|
C1 C2 C3 C3 C4 C4 C8 C8 C14 C17 C18 C22 C26 C27
|
D2 D2 D3 D7 D9 D10 D12 D14 D15 D18 D22 D23
|
Fomentar a curiosidade intelectual e o espírito crítico en relación ao uso das linguas, ben como desenvolver un concepto profisional da actividade tradutiva, conforme o cal o tradutor axe como mediador cultural orientado por principios deontolóxicos e de calidade. |
A1 A1 A2 A3 A3 A4 A5 A5
|
|
C3 C4 C9 C21 C32
|
D1 D1 D2 D6 D8 D9 D12 D13 D14 D14 D16 D18
|