Obradoiro |
Teranse en conta só para a avaliación continua.
Avaliarase o contido, expresión e produción das conferencias e/ou presentacións temáticas |
15 |
|
|
|
|
Práctica de laboratorio |
A proba consistirá na interpretación simultánea -inversa (35%) e directa (40%) de dous discursos enunciados polo profesor. Cualificaranse os seguintes elementos:
-técnica: capacidade de escoita e produción coordinadas, toma de decisións e resolución dos problemas;
-expresión oral: calidade, corrección gramatical e léxica
- contido: coherencia intra e intertextual;
- produción: rexistro, fluidez, prosodia.
Para aprobar esta proba, será necesario aprobar ambas as partes . |
75
(40+35) |
|
|
C1 C4 C17 C18 C20 C21
|
D4 D6 D7 D9 D14 D22 D23
|
A data oficial para a proba final tanto para o alumnado de avaliación continua como única será a data establecida no calendario de exames aprobado en Xunta de FFT. A avaliación continua constará dunha proba final obrigatoria e dunha nota de avaliación continua en función da participación nas aulas. Independentemente da eventual nota parcial de avaliación contínua, é imprescindíbel obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 na proba final de interpretación consecutiva e/ou discurso para aprobar a materia no seu conxunto, ao que se sumará a puntuación acadada nos outros apartados. Aos estudantes que se acollan á avaliación continua e suspendan a primeira edición conservaránselles as notas aprobadas correspondentes á avaliación continua na segunda edición dentro da mesma convocatoria. A segunda convocatoria levarase a cabo nas mesmas condicións que a primeira. |