Estudo de casos |
Traballarase en clase con encargos reais de revisión e corrección de textos ante os cales o alumnado deberá tomar unha serie de decisións sobre como realizalos e solucionar os problemas de xestión que se presenten. |
Prácticas con apoio das TIC |
Ademais de realizar, en tempo e forma, os exercicios encomendados a través da plataforma Moovi, o alumnado deberá participar moi activamente nos debates e foros xerados tanto en clase como nos que se puideron producir en Moovi con motivo da docencia impartida en clase e a publicación das distintas entradas na Páxina Facebook da materia: https://www.facebook.com/galeradas |
Resolución de problemas de forma autónoma |
En canto á resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma e fose da aula, a propia plataforma Moovi e as direccións electrónicas do profesorado serán as canles privadas de comunicación entre o corpo discente e o corpo docente tanto para resolver problemas como para concretar a cita previa de tutoría. |