Guia docente 2024_25
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación consecutiva idioma 1: Inglés-Español
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Cada estudante deberá reflexionar en todo momento sobre a súa evolución e o grao de consecución dos obxectivos de aprendizaxe da materia, expondo calquera dúbida ao respecto ao equipo docente desde as fases máis temperás da aprendizaxe, tanto na clase coma nas horas de titorías. Non se descarta a necesidade de máis dedicación da referida na guía docente, no caso de ter lagoas básicas de coñecementos esixidos como requisitos mínimos da materia. Mesmo neste caso, recoméndase que a/o estudante consulte as súas dúbidas canto antes para que o equipo docente o/a axude a buscar formas de superalas a tempo.
Prácticas de laboratorio Avaliación formativa na clase baseada nos criterios que se empregan na avaliación das competencias. Nas titorías o equipo docente axudará ao alumnado a reflexionar sobre as causas dos problemas de aprendizaxe e a deseñar un plan de traballo encamiñado á consecución dos obxectivos da materia.
Probas Descrición
Autoavaliación A metade do cuadrimestre, cada estudante deberá presentarlle á docente unha diagnose da súa evolución na aprendizaxe da materia, detectando os seus puntos fortes, débiles e mais as causas destes últimos. Así mesmo, proporá formas para superalos. Como punto de partida, terá en conta tanto a grella de autoavaliación subministrada pola docente como a matriz de valoración que se empregará na proba prevista a final do cuadrimestre.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000