Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, II: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Encomendas ou traballos que terán que realizarse, ben de maneira individual, ben en equipos. Estarán distribuídos ao longo do período de docencia e contarán o 20%, o 30% e o 40% da nota global da materia.

As instrucións específicas de cada elemento de avaliación vanse completar na clase e quedarán especificadas en Moovi.
90 C2
C3
C4
C8
C9
C17
C22
C27
D4
D7
D14
D15
D17
D22
Cartafol/dossier Recompilación en Moovi do traballo do alumnado que debe incluír as tarefas realizadas seguindo os criterios indicados pola docente.
As instrucións específicas de cada elemento de avaliación vanse completar na clase e quedarán especificadas en Moovi.
10 C2
C3
C4
C8
C9
C17
C22
C27
D4
D7
D15
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado pode acollerse ao sistema de avaliación continua ou ao sistema de avaliación única. Os dous sistemas de avaliación son mutuamente excluíntes e o alumnado deberá indicar por escrito á docente nas dúas primeiras semanas do cuadrimestre por cal deles opta.

Avaliación continua

O alumnado que siga o sistema de avaliación continua deberá seguir as indicacións do apartado anterior. O alumnado que non supere a avaliación continua mediante as actividades referidas poderá realizar a proba correspondente á segunda edición de actas na data especificada no calendario de exames aprobado en Xunta de Facultade.

Avaliación única

O alumnado que siga o sistema de avaliación única deberá mandar unha mensaxe de correo electrónico ata dous días antes da data marcada no calendario oficial para recibir as condicións de avaliación. A proba abranguerá todos os contidos da materia, tanto teóricos (nunha proba que suporá o 20% da nota da materia) como prácticos (o 80% da nota).

O alumnado de avaliación única que non se puxera en contacto o día da convocatoria oficial será cualificado con Non presentado.

Segunda edición de actas

O alumnado que non supere a avaliación mediante as actividades referidas poderá realizar a proba correspondente á segunda edición de actas na data especificada no calendario de exames aprobado en Xunta de Facultade. O alumnado que queira presentarse deberá mandar unha mensaxe de correo electrónico ata dous días antes da data marcada no calendario oficial para recibir as condicións de avaliación. A proba abranguerá todos os contidos da materia, tanto teóricos (nunha proba que suporá o 20% da nota da materia) como prácticos (o 80% da nota).

O alumnado de segunda convocatoria que non se puxera en contacto o día da convocatoria oficial será cualificado con Non presentado.

Directrices para o seguimento da materia

A copia ou plaxio nas tarefas ou probas terá como consecuencia unha cualificación global negativa. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste respecto.

É responsabilidade do estudantado consultar os materiais e as novidades relativas á materia a través da plataforma Moovi, así como estar ao tanto das datas nas que teñen lugar as probas de avaliación.

Dominio do idioma

Esta materia non está dirixida á aprendizaxe do español nin do inglés. Considérase que o alumnado xa posúe un bo nivel do seu idioma 1. Para poder cursar a materia recoméndase como mínimo un nivel B2 de español.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000