Código |
Descrición |
A1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender
coñecementos nunha área de estudo que parte da base da
educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que,
malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén
algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da
vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó
seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan
as competencias que adoitan demostrarse por medio da
elaboración e defensa de argumentos e a resolución de
problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e
interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa
área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha
reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica
ou ética. |
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas,
problemas e solución a un público tanto especializado coma
non especializado. |
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de
aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
cun alto grao de autonomía. |
B3 |
Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar |
B4 |
Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá |
B5 |
Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuir á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes |
B6 |
Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funcións de titoría e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo as singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida |
B7 |
Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa |
B8 |
Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas |
B9 |
Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución dun futuro sustentable |
B10 |
Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre os estudantes |
B11 |
Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural |
B12 |
Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos |
C1 |
Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao periodo 6-12 no contexto familiar, social e escolar |
C2 |
Coñecer as características destes estudantes, así como as características dos seus contextos motivacionales e sociais |
C5 |
Coñecer as propostas e desenvolvementos actuais baseados na aprendizaxe de competencias |
C9 |
Analizar a práctica docente e as condicións institucionais que a enmarcan |
C10 |
Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país e os condicionantes políticos e legislativos da actividade educativa |
C11 |
Coñecer os procesos de interacción e comunicación no aula |
C12 |
Abordar e resolver problemas de disciplina |
C14 |
Promover accións de educación en valores orientadas á preparación dunha cidadanía activa e democrática |
C15 |
Coñecer e abordar situacións escolares en contextos multiculturales |
C17 |
Coñecer e aplicar experiencias innovadoras en Educación Primaria |
C19 |
Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación educativa e ser capaz de deseñar proxectos de innovación identificando indicadores de avaliación |
C20 |
Mostrar habilidades sociais para entender ás familias e facerse entender por elas |
C22 |
Relacionar a educación co medio, e cooperar coas familias e a comunidade |
C23 |
Analizar e incorporar de forma crítica las cuestiones más relevantes de la sociedad actual que afectan a la educación familiar y escolar: impacto social y educativo de los lenguajes audiovisuales y de las pantallas; cambios en las relaciones de género e intergeneracionales; multiculturalidad e interculturalidad; discriminación e inclusión social y desarrollo sostenible |
C24 |
Coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e educación no contexto familiar |
C29 |
Recoñecer a mutua influencia entre ciencia, sociedade e desenvolvemento tecnolóxico, así como as condutas cidadás pertinentes, para procurar un futuro sostenible |
C34 |
Fomentar a educación democrática da cidadanía e a práctica do pensamento social crítico |
C62 |
Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación no aula e dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima de aula que facilite a aprendizaxe e a convivencia |
C64 |
Relacionar teoría e práctica coa realidade do aula e do centro |
C65 |
Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando desde a práctica |
C66 |
Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se poidan establecer nun centro |
C67 |
Regular os procesos de interacción e comunicación en grupos de estudantes 6-12 anos |
C68 |
Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social |
D1 |
Capacidade de análise e síntese |
D2 |
Capacidade de organización e planificación |
D3 |
Comunicación oral e escrita na lingua materna |
D5 |
Coñecemento de informática relativos ao ambito de estudo |
D6 |
Capacidade de xestión da información |
D7 |
Resolución de problemas |
D8 |
Toma de decisións |
D9 |
Traballo en equipo |
D10 |
Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar |
D12 |
Habilidades nas relacións interpersoais |
D13 |
Recoñecemento da diversidade e multiculturalidade |
D14 |
Razoamento crítico |
D15 |
Compromiso ético |
D16 |
Aprendizaxe autónoma |
D20 |
Coñecemento doutras culturas e costumes |
D22 |
Motivación pola calidade |