A finalidade primordial da didáctica da expresión plástica e visual nos centros de Educación infantil é proporcionar aos alumnos unha formación artística e didáctica de calidade así como garantir a cualificación dos futuros profesionais do ensino das artes no ámbito infantil.
O ensino desta disciplina no ámbito pedagóxico asume un dobre sentido. Por unha banda ocupase da transmisión dos seus saberes garanten o desenvolvemento de prácticas artísticas fundamentais no ensino en infantil, tanto na composición e o crecemento da aprendizaxe no alumnado como nas tarefas de apoio a outros saberes. Por outra banda auspician a renovación e deseño en cada momento da didáctica a través da incentivación da reflexión na práctica estética e na sólida formación nas artes.
Vaise a desenvolver por tanto unha didáctica orientada á transmisión do saber artístico, incidindo na súa extensa tradición no sistema educativo, estudando a súa orixe desde a remisión ás raíces xenuínas da nosa cultura artística ata a súa acelerada evolución na modernidade dependente non só do proceso de constante transformación e diversificación das tendencias artísticas, senón tamén das melloras introducidas nos produtos como resultado da aplicación á industria dos logros provenientes da invención e do desenvolvemento tecnolóxico e dixital, así como da aspiración emancipadora de amplos sectores sociais que outorgan ao fomento da dimensión estética do home unha cualidade determinante para o crecemento de valores de identidade, expresión persoal e comunicación social.