Guia docente 2024_25
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Didáctica da expresión plástica e visual
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Didáctica da expresión plástica e visual Código P02G110V01502
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 3 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Didácticas especiais
Dpto. Externo
Coordinador/a
Gradín Carbajal, Cristian Enrique
Correo-e cristiangradin@gmail.com
Profesorado
Gradín Carbajal, Cristian Enrique
Paz García, Maria Begoña
Varela Casal, Cristina
Web
Descrición xeral A finalidade primeira da didáctica da expresión plástica e visual é proporcionar ao alumnado unha
formación artística e didáctica de calidade. Tanto no que se refiere á capacidade de formalizar e interpretar producións de arte nos seus diversos ámbitos e territorios, (como concepto ampliado), como no que se refire á capacidade de reelaborar os mencionados contidos para facilitar a formación dos/as nenos/as (de 3 a 6 anos).
A tarefa e construír un substrato de coñecemento teórico necesario, combinado cunha serie de destrezas e habilidades formais que armen ao alumnado dunha capacidade crítica e creativa que lle permita desenvolver ferramentas de aprendizaxe, valoración e coñecemento coas que traballar no campo da educación infantil.
Traballaremos no taller con rutinas procedimentais e elaboracións técnicas simultáneamente ao estudo de
contidos xerais da historia da arte. Estas tarefas convivirán coa análise e o traballo dentro dos novos espazos da arte e as novas ferramentas visuais, audiovisuais e tecnolóxicas nas que abordaremos posibilidades de traballo máis vinculadas ás linguaxes actuais próximas e intuitivas para os rapaces cos que os nosos alumnos terán que traballar.
As rutinas habituais do noso traballo durante o curso académico alternarán a producción práctica coa
reflexión teórica, o traballo de campo e as propostas de ferramentas didácticas específicas.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000