Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Didáctica da expresión plástica e visual
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados O traballo por proxectos como ferramenta metodolóxica;
Entregas parciais
Resolucións e obxectualizacións finais. Propostas rematadas. valoración obxectual e conceptual.
Presentación de proxectos e materiais didácticos en público
50
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Execución técnica adecuada de procedementos e experimentacións de caracter artístico, plástico e visual específico.
30
Sesión maxistral Interpretación, valoración e recoñecemento de obras artísticas.
Soporte conceptual da linguaxe e recursos específicos da expresión plástica e visual.
Participación activa nas sesións teóricas.
20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A asistencia puntual e regular a clase e necesaria para o correcto desenrrolo do curso

No caso das SESIÓNS MAXISTRAIS o seu seguimento é imprescindible para o asentamento
conceptual dos contidos teóricos. Valorarase ata con dous puntos en función da asistencia activa e participativa nas sesións e a resolución puntual de exercicios que se plantexarán no trascurso das clases.

RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS OU EXERCICIOS recolle a necesidade de adquirar habilidades técnicas e procedimentais relacionadas coa produción plástica bi e tridimensional.

A realización de TRABALLOS TUTELADOS recolle o plantexamento da execución de traballo por proxectos, na que se valorarán as entregas pautadas parciais e a entrega final que se presentará ao resto dos alumnos. Valorarase deste item o produto final plástico presentado, a posta en escea e a correcta argumentación de contidos expostos.

Para poder facer a presentación final do traballo tutelado é IMPRESCINDIBLE a entrega de polo menos o 75% das entregas parciais en tempo e forma.

Para superar a materia será necesario obter unha media
de 5 calculando as porcentaxes detalladas en cada un dos bloques de
avaliación. É imprescindible ter un 4 como nota mínima en cada un dos 
bloques para que se proceda a calcular a nota media.

Na SEGUNDA
CONVOCATORIA

Os alumnos que non tiveran asistido durante o curso académico ordinario deberán porse en contacto cos responsables da
materia, para que se lles indique o detalle dos materiais a entregar para superar a materia. Haberá unha proba escrita de contenidos mínimos teóricos obrigatoria.


No caso de
alumnos que asistan regularmente a clase e presenten as entregas
parciais puntualmente e en forma e aínda así non logren superar a
materia deberán, para esta segunda convocatoria, repertir só aquelas
entregas nas que non alcanzasen a nota mínima de 5. Conservaráselles o
resto das notas obtidas nos exercicios aprobados e acharase a media
correspondente en función dos criterios xa comentados.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000