Tradución idioma 2, I: Inglés-Galego é unha materia obrigatoria 6 créditos ECTS de tradución 100% directa, situada no segundo semestre do segundo curso do Grao en Tradución e Interpretación.
En xeral, as distintas materias de tradución concíbense como continuación da materia de Antropoloxía das prácticas de tradución e interpretación e como un afondamento do alumnado no proceso tradutor e en tódolos parámetros que o determinan.
Tódolos materiais cos que o alumno traballa tanto na clase como individualmente son reais e non adaptados, susceptibles de seren obxecto de tradución e non simples actividades creadas ad hoc.
Esta materia mantén estreitas relacións didácticas, pedagóxicas, conceptuais e procedimentais coas demais materias do grao, xa que afonda nas ferramentas do proceso tradutor, que lle servirán ao alumno para encarar, por exemplo, o estudo das traducións especializadas, inversas, etc.