Que pretende?

  • Mellorar a súa calidade de vida facilitando o acceso a ensinanzas e experiencias propias do ámbito universitario.
  • Ofrecerlles un espazo para o intercambio de coñecementos e experiencias de tipo científico e cultural.
  • Fomentar a súa participación na sociedade actual.
  • Axudarlles no seu proceso de adaptación aos cambios dos nosos tempos.
  • Impulsar a súa presenza como dinamizadores do seu propio contexto socio-cultural.
  • Posibilitarlles e ofrecerlles unha proposta real para as relacións intra e interxeracionais.
  • Facilitarlles os instrumentos necesarios para a aprendizaxe ao longo da vida.