Pasos:
- 1
- 2
- 3
- 4
Traslado expediente ABAU 2022
Formulario de solicitud de traslado de expediente de ABAU (EVAU)
AVISO: Non procede que realice este trámite aquí se:
1.- Xa iniciou estudos universitarios con anterioridade. Neste caso debes dirixirte á área administrativa do teu centro universitario.
2.- Para as universidades de Santiago de Compostela e A Coruña NON É PRECISO solicitar este traslado
Procedemento de solicitude
PASO 1
Prema o botón CUBRIR FORMULARIO e encha todos os campos.
PASO 2
Para xerar o documento de pago debe entrar en https://matricula.uvigo.es e darse de alta na secretaría virtual como estudante da Universidade de Vigo.
- Unha vez rematada a alta, e sen saír da aplicación, pique no apartado "Autoliquidacións" (menú da esquerda-Apartado taxas-Nova liquidación).
- No caso de gratuidade por familia numerosa especial e/ou discapacidade non é preciso que xeres o documento de pagamento.
- Escolle a forma de pagar (tarxeta ou efectivo).
- No caso de efectivo, o programa xerará un PDF, con varias páxinas, que tes que imprimir e levar ao Banco indicado para facer o pago.
Aviso
Se tes formalizada unha matrícula na Uvigo, esta solicitude de traslado NON CANCELA A DÉBEDA que tes. Debes SOLICITAR A ANULACIÓN DESA MATRÍCULA ou figurarás como persoa morosa, coa consecuencia de que a débeda non prescribirá e deberás aboar ademais os correspondentes recargos (+/- 700 euros). O prazo para ANULAR MATRICULA finalizará o 15/10/2022.
Datos de contacto
Servizo de Extensión Universitaria
sie@uvigo.es
986 813630