Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Titoría e orientación coa familia
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Educación: Titoría e orientación coa familia Código P02G110V01303
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 2 1c
Lingua de impartición
Prerrequisitos
Departamento Didáctica, organización escolar e métodos de investigación
Coordinador/a
Zabalza Cerdeiriña, María Ainoa
Correo-e mariaainoa.zabalza@uvigo.es
Profesorado
Mondolfi Miguel, María Luisa
Zabalza Cerdeiriña, María Ainoa
Web
Descrición xeral Esta materia cumpre cun papel fundamental no programa do grao derivado do seu carácter instrumental e formativo:
-o carácter instrumental derivado do traballo en relación ás competencias necesarias para situar a escola infantil no sistema educativo español, no contexto europeo e no internacional; de relacionar teoría e práctica coa realidade da aula, centro, familias e contexto educativo; da valoración da relación co alumnado e as súas familias como factor de calidade da educación;
-o carácter formativo derivado dunha nova visión de como ensinar e como aprender nunha escola inclusiva dentro dunha sociedade que respecta e acolle o principio e dereito dunha educación para todos e todas; de coñecer e saber exercer as funcións de titoría e orientación; de ofrecer respostas educativas inclusivas, de equidade e valores fundamentais para un íntegro desenvolvemento persoal e social.
En definitiva para que os profesionais con esta formación poidan, dende unha visión crítica e reflexiva, axudar, asesorar, informar e orientar ao alumnado e familias, así como colaborar e participar con outras institucións relacionadas coa educación infantil.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000