Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Titoría e orientación coa familia
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións A consecución das competencias mediante o estudo de casos explorarase a través de diversas estratexias:
<br>-Calidade das contribucións e participación dos estudantes na realización dos casos estudados.
<br>-Traballos relacionados co contido do caso.
<br>-Presentacións orais.
10
Proxectos A avaliación céntrase na realización do proxecto en si, debendo os estudantes:
-Entregar por equipo o informe escrito do proxecto.
-Expoñer en equipo unha presentación do proxecto ante a profesoras e os compañeiros.
20
Titoría en grupo Durante a realización das titorías en grupo aténdese ao estudante na súa aprendizaxe segundo o seus perfís diferenciados e individualizados. No seu desenvolvemento realizarase unha avaliación continua e formativa. 10
Cartafol/dossier O catafol consiste nunha recompilación de información estructurada sobre os contidos traballados en proxectos e estudo de casos. 20
Probas de resposta curta A través desta proba prétendese constatar a precisión conceptual e terminolóxico dos aspectos relativos á materia. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Criterios para superar a materia:

- Alumnado asistente: enténdese por alumnado asistente ao que asista con regularidade a clases (como mínimo un 80%). Este deberá realizar todas as probas indicadas e será condición indispensable para superar a materia que se obteña en cada unha delas polo menos un 5.

- Alumnado non asistente: enténdese por alumnado non asistente o que non asista con regularidade a clases (falta máis dun 80%). Este deberá realizar unha única proba: un exame no que entran todos os contidos da materia. Será condición indispensable para superar a materia que se obteña polo menos un 5 neste. É necesario asistir a titorías.

Segunda convocatoria:

As competencias non adquiridas en primeira convocatoria, serán avaliadas en segunda (xullo). De non aprobar entón, non se gardarán.

Responde ás mesmas esixencias e probas realizadas na primeira.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000