Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Titoría e orientación coa familia
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Estudo de casos/análises de situacións Esta meteodoloxía consistirá na análise intensivo e completo dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalos e, cando compra, profundizar nos posibles procedementos alternativos de solución.
Proxectos Mediante esta metodoloxía as e os estudantes levarán a cabo a realización dun proxecto destinado a resolver un problema ou abordar unha tarefa mediante a planificación, deseño realización dunha serie de actividades. Todo iso a partir do desenvolvemento e aplicación de aprendizaxes adquiridos e da utilización efeciva de recursos.
Actividades introdutorias Esta metodoloxía servirá para presentar a materia: competencias, contidos, planificación, metodoloxía, atención personalizada, avaliación e bibliografía.
Titoría en grupo A través dela a profesora facilitará e orientará aos estudantes no seu proceso formativo, podendo ser obxecto de atención en calquera das facetas ou dimensións que inciden no mesmo (aspectos académicos, actitudinaies, persoais, sociais...).
Sesión maxistral A través desta metodoloxía farase a presentación dos temas, lóxicamente estructurados, co obxectivo de facilitar a información organizada seguindo criterios axustados á finalidade dos mesmos. Consistirá na exposición verbal, por parte do profesorado dos contidos da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000