Guia docente 2014_15
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Proxectos fotográficos
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio O profesor explicará os procedementos e técnicas necesarios, así como os seus fundamentos, tanto no referente á fotografía dixital como á fotografía analóxica en branco e negro, da que se realizará o proceso completo. Na resolución das propostas formuladas ao longo do curso, o profesor fará un seguimento personalizado semanal do traballo do alumno, facendo as observacións e preguntas que considere pertinentes, dándolle a coñecer a obra dos autores referenciais precisos e subministrándolle a bibliografía adecuada para as súas propostas. Potenciarase a participación e o debate tanto na formulación dos exercicios como na presentación dos seus resultados. Potenciarase, así mesmo, o debate sobre a obra dos diferentes autores presentados. TITORÍAS: Martes de 8 1/2 a 14 1/2 Despacho de Manuel Sendón no departamento de pintura. msendon@uvigo.es Ignacio Pérez Jofre: Luns; 8,30-10,30 Martes; 8,30-12,30
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000