Guia docente 2014_15
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Proxectos fotográficos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas de laboratorio O alumno terá que resolver os exercicios que se formulen ao longo do curso, debendo para iso realizar todo o proceso fotográfico en branco e negro no laboratorio. Así mesmo, deberá prestarlle atención á presentación dos resultados, tanto na súa definición conceptual como na súa resolución formal. O profesor fará un seguimento continuo do traballo realizado polo alumno.
Estudos/actividades previos O alumno terá que realizar fóra da aula as tarefas marcadas na clase e na atención personalizada: consulta de bibliografía, visita de exposicións, toma de imaxes, realización de copias...
Sesión maxistral O profesor desenvolverá os contidos do programa, baseando as súas explicacións na proxección de fotografías potenciando, ao mesmo tempo, o debate sobre as imaxes.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000