Guia docente 2014_15
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Proxectos fotográficos
   Competencias de titulación
Código Descrición
A1 Comprensión crítica da historia, teoría e discurso actual da arte. Comprender de xeito crítico a historia, teoría e discurso actual da arte. Asimilación analítica dos conceptos nos que se sustenta a arte
A2 Comprensión crítica da evolución dos valores estéticos, históricos, materiais, económicos e conceptuais. Analizar a evolución dos valores da arte desde unha perspectiva socioeconómica e cultural
A5 Coñecemento da teoría e do discurso actual da arte, así como o pensamento actual dos artistas a través das súas obras e textos. Actualizar constantemente o coñecemento directo da arte a través dos seus propios creadores
A7 Coñecemento do vocabulario e dos conceptos inherentes a cada técnica artística particular. Coñecer a linguaxe creativa específica
A9 Coñecemento de métodos de produción e técnicas artísticas. Analizar os procesos de creación artística
A19 Capacidade para identificar e entender os problemas da arte. Establecer os aspectos da arte que xeran procesos de creación.
A20 Capacidade de interpretar creativa e imaxinativamente problemas artísticos. Desenvolver os procesos creativos asociados á resolución de problemas artísticos
A21 Capacidade de comprender e valorar discursos artísticos en relación coa propia obra. Establecer medios para comparar e relacionar a obra artística persoal co contexto creativo.
A25 Capacidade de (auto)reflexión analítica e (auto)crítica no traballo artístico.
A31 Capacidade para xerar e xestionar a produción artística. Saber establecer a planificación necesaria nos procesos de creación artística.
A32 Capacidade de aplicar profesionalmente tecnoloxías específicas. Utilizar as ferramentas apropiadas para as linguaxes artísticas propias
A39 Capacidade de determinar o sistema de presentación adecuado para as calidades artísticas específicas dunha obra de arte. Adquirir criterios para a adecuada apreciación da obra de arte en relación co seu entorno e exhibición
A42 Habilidades para a creación artística e capacidade de construír obras de arte. Adquirir as destrezas propias da práctica artística
A43 Habilidade para establecer sistemas de produción. Desenvolver estratexias aplicadas ao exercicio sistemático da práctica artística
A44 Habilidade para realizar, organizar e administrar proxectos artísticos innovadores
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000