Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Intervención socioeducativa no ámbito familiar
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Intervención socioeducativa no ámbito familiar Código O05G130V01703
Titulación
Grao en Educación Social
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 4 1c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Análise e intervención psicosocioeducativa
Coordinador/a
Pereira Domínguez, María Carmen
Correo-e mcdguez@uvigo.es
Profesorado
Pereira Domínguez, María Carmen
Web http://webs.uvigo.es/consumoetico
Descrición xeral Contextualización
-Perfil dos créditos da materia

-O enfoque conceptual da Materia de Intervención socioeducativa no ámbito familiar presenta os diversos factores que condicionan os procesos de ensino e aprendizaxe no mundo, concretamente en Galicia, e España no marco da Unión Europea.

-A nova concepción de cidadanía precisa da Intervención socioeducativa en el ámbito familiar para o desenvolvemento da súa formación persoal e integración social que responda ás novas perspectivas sociais que demanda a sociedade do coñecemento, a democracia participativa e as características propias do mercado laboral.

-A Intervención socioeducativa no ámbito familiar potencia as capacidades da cidadanía para acceder á formación e a autoformación necesarias cara ao logro do desenvolvemento dos saberes potenciais e expectativas que lle permiten participar, vivir e convivir en liberdade, democracia, xustiza e paz.

-O deseño de proxectos é unha liña eficaz de comunicación e planificación das iniciativas da Intervención socioeducativa no ámbito familiar, acorde aos modelos de xestión das diversas institucións e organismos competentes ou implicacións nas cuestións educativas e sociais ás que se dirixen os diversos proxectos.

-Este programa-guía elaborouse coa finalidade de pór en coñecemento a planificación, o desenvolvemento, avaliación e a mellora desta Materia ao alumnado matriculado nela.
Con esta Materia preténdese que os estudantes que cursan estes estudos acaden unha aproximación científica e interdisciplinar, ademais de fomentar a capacidade crítica, reflexiva e participativa. Polo tanto, esta Asignatura ofrece unha experiencia formativa continua que favorece a integración deste campo educativo na súa futura implicación profesional, así como unha axeitada expectativa de saída laboral.

-Situación e relación da materia no plan de estudos

Intervención socioeducativa no ámbito familiar é unha Materia, de carácter obrigatorio, que comprende os seus créditos ECTS (9 créditos distribuídos teóricos e prácticos) a partir do primeiro cuadrimestre do presente curso académico. Esta distribución flexibilízase segundo a metodoloxía seguida, unha vez consensuada no grupo-clase, o inicio do curso académico. Esta complementarase coas disciplinas de (Prácticum I e II, así como Educación Permanente, Educación de Persoas Adultas, Teoría e Institucións Educativas Contemporáneas, Pedagoxía Social, Educación Intercultural e para a Paz, Educación para o lecer e o tempo libre, Educación e Animación Sociolaboral, e o Traballo de Fin de Grado, TFG).

-Obxectivos xerais

-Coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e educación no contexto familiar.
-Analizar e incorporar de forma crítica as cuestión máis relevantes da sociedade actual que afectan a educación familiar, escolar e social. O impacto social e educativo dos linguaxes audiovisuais e das pantallas. Os cambios nas relacións de xénero e interxeneracionais, multiculturalidade e interculturalidade, discriminación e inclusión social y desenvolvemento sostible.
-Relacionar a educación co medio, cooperar coas familias e a comunidade.
-Promover e colaborar en accións dentro y fora da escola, organizadas polas familias, concellos e outras institucións ou axentes sociais con incidencia na formación cidadana.
-Mostrar e favorecer habilidades socias para comprender e traballar coas familias.
-Crear e manter lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso socioeducativo.
-Coñecer e saber exercer as función de titoría e orientación na relación coa educación familiar e a intervención socioeducativa.
-Comprender e respectar a diversidade e multiculturalidade na educación familiar, un reto de solidariedade na actual sociedade globalizada.
-Coñecer e desenvolver programas de acción comunitaria no marco da Educación familiar.
-Aplicar estratexias grupais na aula que potencien procesos de intervención socioeducativa.
-Deseñar e por en marcha proxectos de intervención sociopedagóxica e socioeducativa sobre Educación familiar.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000