Importante: 1. A nota da materia obterase da suma ponderada das cualificacións sinaladas na táboa anterior. 2. A cualificación do traballo grupal NON será a mesma para todos/as os/as compoñentes do grupo. Dependerá do traballo e dominio da materia mostrado por cada compoñente. 3. Para aprobar a materia e calcular a media co resto de cualificacións será necesario obter, como mínimo, unha nota de 5 no exame final. 4. A cualificación da materia NON ten porqué coincidir coa nota obtida no exame final. 5. Os alumnos que, por razóns xustificadas, non poidan asistir a clase regularmente, ou aqueles que asistan a menos do 80% das sesións, acolleranse ao seguinte plan de avaliación: - Traballo escrito sobre unha temática acordada coa profesora → 30% - Exposición oral de dito traballo escrito → 30% - Exame final → 40% De todos modos, estes alumnos deberán poñerse en contacto coa profesora durante os primeiros días do curso. 6. En caso de obter menos de 5 puntos no exame final de decembro-xaneiro, gardaranse o resto de calificacións para a convocatoria de xullo. 7. Para saber as datas e horas dos exames (tanto da convocatoria de decembro-xaneiro, coma da de xullo), o alumnado deberá consultar o calendario oficial de exames da escola. |