| Código |
Descrición |
| A1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
| A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
| A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
| A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. |
| A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
| B1 |
Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil. |
| B2 |
Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva. |
| B3 |
Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos. |
| B4 |
Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles. |
| B5 |
Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia. |
| B7 |
Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular, da televisión na primeira infancia. |
| B9 |
Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente debe perfeccionarse e adaptarse aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida. |
| B10 |
Actuar como orientador de pais e nais en relación coa educación familiar no período 0-6 e dominar habilidades sociais no trato e relación coa familia de cada estudante e co conxunto das familias. |
| B11 |
Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes. |
| B12 |
Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos. |
| C1 |
Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no periodo 0-6, no contexto familiar, social e escolar. |
| C4 |
Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas. |
| C5 |
Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico |
| C6 |
Coñecer a dimensión pedagógica da interacción cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual. |
| C27 |
Situar a escola infantil no sistema educativo español, no contexto europeo e no internacional. |
| C28 |
Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas de innovadoras en educación infantil. |
| C29 |
Valorar a importancia do traballo en equipo |
| C30 |
Participar na elaboración e seguimiento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e en colaboración co territorio e con outros profesionais e axentes sociais. |
| C31 |
Coñecer a lexislación que regula as escolas infantís e a súa organización. |
| C43 |
Favorecer as capacidades de fala e de escritura. |
| C53 |
Coñecer os fundamentos musicais, plásticos e de expresión corporal do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes. |
| C55 |
Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos. |
| C56 |
Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motrices, o debuxo e a creatividade. |
| C58 |
Promover a sensibilidade relativa á expresión plástica e á creación artística. |
| C59 |
Adquirir un coñecemento práctico do aula e da xestión da mesma. |
| C61 |
Controlar e facer o seguimiento do proceso educativo e, en particular, de ensino e aprendizaxe mediante o dominio de técnicas e estratexias necesarias. |
| C62 |
Relacionar teoría e práctica coa realidade do aula e do centro. |
| C64 |
Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se poidan establecer nun centro |
| C67 |
Estas competencias, xunto coas propias do resto de materias, quedarán reflectidas no Traballo fin de Grado que compendia a formación adquirida ao longo de todos os ensinos descritos. |
| D1 |
Capacidade de análise e síntese |
| D2 |
Capacidade de organización e planificación |
| D3 |
Comunicación oral e escrita |
| D5 |
Coñecemento de informática |
| D6 |
Capacidade de xestión da información |
| D7 |
Resolución de problemas |
| D8 |
Toma de decisións |
| D9 |
Traballo en equipo |
| D11 |
Habilidades nas relacións interpersoais |
| D12 |
Recoñecemento da diversidade e multiculturalidade |
| D13 |
Razoamento crítico |
| D14 |
Compromiso ético |
| D15 |
Aprendizaxe autónoma |
| D16 |
Adaptación a novas situacións |
| D17 |
Creatividade |
| D18 |
Lideranza |
| D20 |
Iniciativa e espírito emprendedor |
| D21 |
Motivación pola calidade |