Guia docente 2022_23
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Termodinámica aplicada e transmisión de calor
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2022_23
Materia Termodinámica aplicada e transmisión de calor Código V12G420V01303
Titulacion
Grao en Enxeñaría Biomédica
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 OB 2 1c
Lingua impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría mecánica, máquinas e motores térmicos e fluídos
Coordinador/a
Gómez Rodríguez, Miguel Ángel
Correo-e miguelgr@uvigo.es
Profesorado
Gómez Rodríguez, Miguel Ángel
Web http://moovi.uvigo.gal/
Descrición xeral Na práctica totalidade dos procesos industriais requírese a aplicación dos Principios da Termodinámica e da Transferencia de Calor. O coñecemento destes principios é básico en Enxeñaría
Térmica. Por exemplo, para a realización dunha análise enerxética de sistemas de potencia para a xeración de electricidade (ciclo combinado con turbina de vapor e de gas), un ciclo de potencia mecánica, un ciclo en bomba de calor, etc. O coñecemento de si un proceso termodinámico pode ocorrer ou non na realidade é imprescindible para o deseño de novos procesos, así como o coñecemento das máximas prestacións que se poden obter nos diferentes dispositivos que compoñen unha instalación enerxética, e cales son as causas que imposibilitan obter esas máximas prestacións. Ademais, o estudo das propiedades termodinámicas dos fluídos de traballo que circulan polos dispositivos, auga, aire, refrixerantes, gases e mestura de gases, é indispensable para analizar o comportamento dos sistemas térmicos. Así mesmo, o estudo do procedemento a seguir para a análise enerxética de instalacións enerxéticas de sistemas de refrixeración, acondicionamento de aire e en procesos de combustión é de gran interese.
Doutra banda, é interesante para o alumno coñecer os mecanismos polos cales se produce a transferencia de calor, principalmente debido a unha diferenza de temperaturas, centrándose en determinar a maneira e a velocidade á que se produce ese intercambio de enerxía. Neste sentido preséntanse o tres modos de transferencia de calor e os modelos matemáticos que permiten calcular as velocidades de transferencia de calor. Así se pretende que os alumnos sexan capaces de expor e resolver problemas enxeñeriles de transferencia de calor mediante o uso de ecuacións alxebraicas. Tamén se pretende que os alumnos coñezan outros métodos matematicamente máis complexos de resolución de problemas de transferencia de calor e saiban onde atopalos e como usalos en caso de necesitalos.
Na materia abórdanse contidos relacionados con aspectos ambientais e sociais dos sistemas que utilizan ciclos térmicos: determinados aspectos ambientais en relación cos ciclos termodinámicos: ciclos de potencia (gas e vapor) e nos ciclos de refrixeración e bomba de calor. No primeiro, a opción "ciclo combinado", que combina un ciclo de gas con un ciclo de vapor, para minimizar o consumo de combustible no ciclo de vapor (queima de carbón ou fuel-oil) xa que só se queima gas natural, que emite menos contaminación, ou o posibilidade de utilizar biomasa, que se considera combustible renovable. O que fai que mellore a eficiencia deste tipo de ciclos. No segundo, refrixeración e bomba de calor, fálase da opción de utilizar “novos refrixerantes” que teñan menos efecto invernadoiro, e que inflúan en menor medida no quecemento global. Tamén na mellora dos sistemas que consumen traballo, e na eficiencia das máquinas térmicas, como os motores de combustión coa introdución de novos combustibles que realizan o proceso de combustión.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000