Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Macroeconomía II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introducción de algunhas preguntas dirixidas ó estudiante, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Nestas aulas exporánse, de xeito resumido, os principais contidos dos distintos temas, desenvolvéndose con maior detalle os puntos de maior complexidade. Para un maior aproveitamento das aulas é necesario que os alumnos preparen con antelación e de xeito individual os temas segundo a bibliografía recomendada.
Resolución de problemas de forma autónoma Metodoloxía que permite ó alumnado aprender de forma efectiva a través da realización de actividades de carácter práctico tales como exercicios e supostos mediante o uso do aprendido nas leccións maxistrais. Os obxectivos desta técnica son: alcanzar unha maior competencia dos contidos aprendidos na teoría e ilustrar as súas potenciais aplicacións.
O alumnado resolverá as follas de exercicos de xeito individual o en grupo que deberá entregalos nos prazos establecidos para cada boletín de problemas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000