SISTEMA DE AVALIACIóN Seguindo a normativa vixente o alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar. O alumnado debe manifestar expresamente a súa renuncia a avaliación continua antes da celebración do primerio parcial. Con independencia do sistema de avaliación elixido, poderá sempre optar á máxima cualificación. Avaliación continua: En caso de non renunciar á avaliación continua, a nota final da materia será a suma de varias probas de avaliación realizadas o longo do curso: - Probas intermedias. O 20% da nota obterase da entrega de boletíns de exercicios así como pequenas probas que periódicamente se farán nas clases prácticas.
- Exames parciais. Realizaranse ao longo do curso 2 probas parciais, cunha ponderación do 40% cada unha. A última destas probas terá lugar o mesmo día que o exame final, que pode ser consultado na página web de la Facultad http://fccee.uvigo.es.
- Considerarase que o alumnado se ten presentado á avaliación continua cando se teña presentado a algunha das probas/actividades de avaliación desta modalidade.
Avaliación global única: Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá optar a ser avaliado cun único exame final que suporá o 100% da cualificación. Este exame terá contido tanto teórico como práctico, e realizarase nas datas oficiais establecidas no calendario de exames, que pode ser ser consultado na páxina web da Facultade http://fccee.uvigo.es. A elección deste método de avaliación debe ser comunicado antes da data na que se fixe o primeiro dos exames parciais. Na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria de xullo), so se seguirá o método de avaliación global única: o alumnado será avaliado mediante un exame que suporá o 100% da cualificación. Esta proba, que terá contido tanto teórico como práctico, e realizarase nas datas
oficiais establecidas no calendario de exames, que pode ser ser
consultado na páxina web da Facultade http://fccee.uvigo.es. Na convocatoria de fin de carreira, so se seguirá o método de avaliación global única: o alumnado será avaliado mediante un exame que suporá o 100% da cualificación. Esta proba, que terá contido tanto teórico como práctico, e realizarase nas datas
oficiais establecidas no calendario de exames, que pode ser ser
consultado na páxina web da Facultade http://fccee.uvigo.es. Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como “non presentados”. Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa). As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2024/25. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html. |