Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Economía: Técnicas de economía aplicada
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Proba parcial sobre contidos teóricos e prácticos das leccions 1 e 2. 25 A1
A2
A3
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
Exame de preguntas obxectivas Proba parcial sobre contidos teóricos e prácticos das leccions 3 e 4. 25 A1
A2
A3
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
Exame de preguntas obxectivas Proba parcial sobre contidos teóricos e prácticos das leccions 5 e 6. 25 A1
A2
A3
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
Exame de preguntas obxectivas Proba parcial sobre contidos teóricos e prácticos das leccions 7 e 8. 25 A1
A2
A3
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. Nembargantes, o alumnado poderá elixir AG comunicando por correo electrónico ó profesorado responsable da materia a renuncia á AC antes do 15 de outubro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar. Considerarase que o alumnado se ten presentado á avaliación continua
cando, non tendo renunciado á AG no prazo establecido, se teña presentado a algunha das probas/actividades de
avaliación desta modalidade.

Na AC poderán realizarse catro probas parciais, cunha ponderación dun 25% cada unha delas. Na 2ª oportunidade (convocatoria extraordinaria de xullo), so se seguirá o método de avaliación global e o alumnado será avaliado mediante un exame que suporá o 100% da cualificación e realizarase nas datas oficiais establecidas no calendario de exames aprobado polo Centro (http://fccee.uvigo.es).

Na AG para calquera oportunidade e na convocatoria de Fin de Carreira, o alumnado será avaliado mediante a realización dun exame, con contidos teóricos e prácticos, que suporá o 100% da calificación. As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado polo Centro. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade (http://fccee.uvigo.es).

Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como "non presentados".

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII sobre o uso de medios ilícitos do "Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado" (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565).

As titorías se solicitarán mediante cita previa por correo electrónico.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Aviso Legal