Código |
Descrición |
A1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B1 |
Desenvolver sensibilidade respecto ao medio ambiente e compromiso cunha economía sustentable |
B2 |
Competencias ligadas á procura e organización de documentación e á presentación do seu traballo de maneira adecuada á audiencia |
B3 |
Exercitar habilidades de aprendizaxe autónoma que abran campos para a innovación |
B4 |
Autocontrol no sistema de traballo, a respecto de tempo e planificación |
B5 |
Fomentar a mobilidade e adaptabilidade a ámbitos e situacións diferentes |
B6 |
Capacidade de xerar reflexións propias sobre problemas de natureza económica e os seus efectos sociais e éticos |
B7 |
Fomentar o espírito investigador, desenvolvendo a capacidade para analizar problemas novos cos instrumentos adquiridos |