A materia está orientada a un alumnado familiarizado coas estratexias básicas de tradución e que domina as linguas de traballo. Concíbese como un espazo didáctico no que o alumnado deberá desenvolver as competencias precisas para traducir cun grao significativo de autonomía textos dos ámbitos científicos e técnicos do francés cara ao español e do español cara ao francés.