Educational guide 2025_26
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución económica idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Práctica de laboratorio O estudantado deberá realizar dúas traducións individuais con tempo e material controlados. As datas fixaranse durante o curso en función da evolución do traballo da clase. As porcentaxes de valoración das probas serán as seguintes:

1.ª tradución: 25 %
2.ª tradución: 25 %
50 A2
A4
C1
C2
C3
C4
C5
C8
C17
C18
C22
Traballo O estudantado deberá executar un proxecto de tradución tutelado en grupo. O traballo desenvolverase ao longo do cuadrimestre. 30 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C2
C3
C4
C5
C8
C9
C10
C11
C17
C18
C21
C22
C24
Resolución de problemas e/ou exercicios O estudantado realizará exercicios relacionados cos contidos teóricos da materia e co libro ou materiais de lectura obrigatoria.
As probas realizaranse na data de exame oficial do decanato.
20 A1
A5
C9
C18
C24
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os materiais de lectura obrigatoria anunciarase a través da plataforma de teledocencia MooVi na primeira semana de clase.

Na convocatoria de maio existirán dúas posibilidades de avaliación, a continua ou a única.

Avaliación continua:

As probas para a avaliación continua serán as indicadas no apartado de avaliación desta guía, nas porcentaxes expresadas. A materia terá dúas partes vinculadas pero diferenciadas (teoría e tradución) e será obrigatorio que os estudantes superen as dúas para superar a materia. Dentro da parte de tradución, haberá avaliación individual e en grupo. Os estudantes que superen a tradución en grupo pero non a tradución individual deberán recuperar en xullo a parte de tradución individual.

As probas de resolución de problemas e exercicios corresponderanse coa parte teórica da materia, que incluirá a lectura obrigatoria de varios textos sobre economía e tradución ou dun libro de lectura obrigatoria ao longo do curso. Estas lecturas poranse a disposición do alumnado na plataforma de teledocencia. Para a resolución das probas da parte teórica non se permitirá o emprego de materiais. Todas as actividades da parte teórica da materia serán de carácter obrigatorio, polo que se non se realizan durante o curso terán que realizarse na convocatoria de xullo.

Na parte de tradución faranse probas de tipo "probas prácticas" e "traballos e proxectos". Nas probas prácticas só se permitirá o uso de materiais controlados, que se comunicarán na clase. Todas as actividades avaliables da parte práctica da materia serán de carácter obrigatorio. 

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma MOOVI e de estar ao tanto das datas nas que teñan lugar as probas de avalliación.

Avaliación única:

O estudantado que así o desexe poderá optar por comprimir as probas durante o período oficial de exames marcado polo decanato. No entanto, as probas realizadas serán as mesmas que se inclúen na avaliación continua (tradución directa e inversa, proba teórica e proba de lectura dos materiais obrigatorios, e proxecto de documentación e tradución, neste caso individual e non tutelado). As porcentaxes neste caso serán as seguintes:

Proba de tradución directa e inversa: 50 % (25 % cada unha)

Traballo de documentación e tradución: 25 %

Teoría e lecturas obrigatorias: 25 %

Todas as probas realizaranse na data oficial fixada polo decanato, non sendo o traballo non tutelado, cuxa formulación se porá a disposición dos estudantes en MooVi na mesma data que a do alumnado de avaliación continua e que deberá ser entregado, como moi tarde, unha semana antes do peche de actas. Será obrigatorio que o estudantado supere as tres partes para aprobar a materia e non se gardarán as partes aprobadas para o curso seguinte. Para as respostas ás preguntas da proba de teoría poderá empregarse calquera das dúas linguas da combinación lingüística da materia e ningún material. Non se permitirá o uso de medios telemáticos para as traducións nin medios de ningún tipo para a parte teórica.

Na convocatoria de xullo, a avaliación consistirá nas mesmas probas que na avaliación única e as porcentaxes e condicións serán tamén as mesmas. 

É responsabilidade do estudantado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma MooVi e de estar ao tanto das datas nas que teñan lugar as probas de avaliación.

A calidade dos traballos de tradución avaliarase de acordo co seguinte baremo: 

  • Contrasentido: -2 puntos
  • Falso sentido: -1 punto
  • Falso sentido leve: -0,5 puntos
  • Omisión grave: -0,5 puntos
  • Omisión leve: -0,25 puntos
  • Ortografía: -0,5 puntos
  • Gramática: -0,5 puntos
  • Terminoloxía especializada: -0,5 puntos
  • Calco estrutural: -0,5 puntos
  • Calco léxico: -0,5 puntos
  • Imprecisión: -0,25 puntos
  • Rexistro inapropiado: -0,25 puntos

En calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da convocatoria e do sistema de avaliación elixido, obterán a cualificación de 0 aqueles alumnos que:

- Cometan máis de dúas faltas de ortografía.

- Cometan máis de dous erros gramaticais.

- Cometan un contrasentido grave ou dous falsos sentidos graves.

- Incorran en plaxio total ou parcialmente. Alegar descoñecemento de que é un plaxio non eximirá o alumno da súa responsabilidade neste aspecto.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000