Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución económica idioma 1: Inglés-Español
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Durante a realización de traballos de aula, a docente avaliará de maneira individualizada o traballo realizado polos estudantes, supervisando, corrixindo e explicando as súas opcións traductolóxicas. Tamén se realizará atención personalizada dos estudantes durante as titorías oficiais da docente. A plataforma de teledocencia moovi empregarase como medio para a posta a disposición dos estudantes dos materiais necesarios para o desenvolvemento da materia e para a entrega de traballos e realización de tarefas por parte destes, así como para comunicación individualizada de correccións, cualificacións, etc. A atención do alumnado que non asista ás clases realizarse unicamente en horario de titorías.
Probas Descrición
Traballo Na resolución de problemas e exercicios de forma autónoma, avaliarase o traballo dos estudantes, a súa forma de coordinarse e organizar as tarefas, e a evolución da tradución antes da entrega final. Tamén se realizará atención personalizada dos estudantes durante as titorías oficiais da docente. A plataforma de teledocencia moovi empregarase como medio para a posta a disposición dos estudantes dos materiais necesarios para o desenvolvemento da materia e para a entrega de traballos e realización de tarefas por parte destes, así como para comunicación individualizada de correccións, cualificacións, etc. A atención do alumnado que non asista ás clases realizarse unicamente en horario de titorías.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000