Guia docente 2022_23
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Introdución aos ámbitos de especialización para a tradución e a interpretación e aspectos profesionais da tradución
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Exame de preguntas obxectivas Ao longo do curso realizaranse tres probas. A primeira delas terá lugar na semana seguinte á finalización da unidade "Características das línguas de especialidade e realidades afins", que desenvolve os temas 3 e 6 do temario. A segunda, na semana posterior á finalización da unidade "Pautas para a modernización terminológica. Resolución de casos práticos", que desenvolve o tema 5 do temario; e a última proba terá lugar na última semana de docencia da materia.

No caso de non ser posíbel a realización de algunha proba nesas datas, trasladarase ao primeiro día útil posterior. Cada unha das probas é de realización obrigatoria para poder pasar a materia.

A nota media ponderada das tres probas suporá 80% da cualificación final.
80 CB1
CB2
CB4
CB5
CE2
CE9
CE24
CE25
CE26
CT6
CT13
CT15
CT17
Traballo Cada estudante realizará un traballo que será desenvolvido en equipo con outros estudantes e deberá ser entregado no primeiro día de aulas da terceira semana previa à finalización do período de docencia da materia. Posteriormente, os traballos serán expostos nas clases e avaliados polo docente. A realización desta proba é obrigatoria para poder pasar a materia. 20 CE2
CE9
CE25
CE26
CT6
CT13
CT17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para poder acollerse ao sistema de avaliación continua é preciso realizar a totalidade das probas e encargos formulados durante o curso. Para aprobar a materia precísase obter como mínimo unha nota media (ponderada) de aprobado no conxunto das probas. As probas consistirán en preguntas de tipo test, preguntas de resposta curta ou preguntas de resposta longa.

Os estudantes que optaren pola avaliación única serán examinados exclusivamente mediante unha única proba, correspondente ao conxunto da materia, que será de tipo test, resposta curta ou resposta longa. Tal proba terá lugar na data marcada no calendario de exames aprobado en Xunta de FFT.

Os estudantes que seguiren o procedemento de avaliación continua e non tiveren superado o conxunto das probas e traballos establecidos, ou tiveren perdido a posibilidade de seguir ese sistema de avaliación (non realización dos traballos ou probas, apreciación de plaxio ou copia nalgún dos traballos...), perderán esa convocatoria e deberán dar conta de novo do conxunto da materia. En caso de así desexaren, poderán acudir á convocatoria de xullo ou a convocatorias posteriores. 

A convocatoria de xullo tamén consistirá nunha única proba, correspondente ao conxunto da materia, e será de tipo test, resposta curta ou resposta longa. Terá lugar na data marcada no calendario de exames da FFT.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000