Guia docente 2025_26
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Introdución aos ámbitos de especialización para a tradución e a interpretación e aspectos profesionais da tradución
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Ao longo do curso serán realizadas tres probas. A primeira delas terá lugar na semana seguinte á conclusión da unidade "Características das línguas de especialidade e realidades afins", que desenvolve os temas 3 e 6 do programa. A segunda, na semana posterior á finalización da unidade "Directrices para a modernización terminológica. Resolución de casos práticos", que desenvolve o tema 5 do programa; e a última proba terá lugar na última semana de aulas da disciplina.

Caso non sexa posíbel realizar algunha proba nesas datas, ela será transferida para o primeiro día útil posterior. Cada unha das probas é de realización obrigatoria para poder pasar a disciplina.

A primeira proba terá un valor de 25% da cualificación final; a segunda, 35%; e a terceira, 20%.
80 A1
A2
A4
A5
C2
C9
C24
C25
C26
D6
D13
D15
D17
Traballo Cada estudante realizará un traballo que será desenvolvido en equipo con outros estudantes e deberá ser entregado no primeiro día de aulas da terceira semana previa à conclusión do período de docencia da disciplina. Posteriormente, os traballos serán apresentados en aula e avaliados polo docente. A realización desta proba é obrigatoria para poder pasar a materia. 20 C2
C9
C25
C26
D6
D13
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para poder beneficiar-se do sistema de avaliación continua é necesario realizar a totalidade das probas e tarefas propostas ao longo do curso. Para aprobar a disciplina é necessário obter, no conxunto das probas, unha nota media (ponderada) de aprobado no conxunto das probas igual ou superior á de aprobación. As probas consistirán en preguntas de resposta predefinida, preguntas de resposta curta ou preguntas de resposta longa.

Os estudantes que optaren pola avaliación única serán avaliados exclusivamente mediante unha única proba, correspondente ao conxunto da disciplina, composta por preguntas de resposta predefinida, resposta curta ou resposta longa. Esta proba terá lugar na data indicada no calendario de exames aprobado pola Xunta de FFT.

Os estudantes que seguiren o sistema de avaliación continua e non tiveren superado o conxunto das probas e traballos establecidos, ou tiveren perdido a posibilidade de seguir ese sistema de avaliación (non realización dos traballos ou probas, apreciación de plaxio ou copia nalgún dos traballos...), perderán esa convocatoria e deberán apresentar-se novamente á totalidade da disciplina. Caso así o desexaren, poderán apresentarse á convocatoria de xullo ou a convocatorias posteriores. 

A convocatoria de xullo consistirá igualmente nunha única proba, correspondente ao conxunto da disciplina, e será composta por perguntas de resposta predefinida, respostas curtas ou resposta longa. Terá lugar na data indicada no calendario de exames da FFT.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000