«Plan de continxencia sobre a modalidade mixta, na que unha parte do estudantado asistirá ás aulas de forma presencial e outra parte seguirá as clases dun modo síncrono (preferentemente) ou asíncrono: o profesorado manterá as metodoloxías, a atención personalizada e os sistemas de avaliación como se indica para a modalidade presencial, adaptando os grupos de estudantes e as quendas para cumprir coa normativa sanitaria que se estableza no seu momento».
No caso de que a docencia presencial fose completamente suspendida, non se cambiará nin a metodoloxía nin a avaliación, pero estas terán que adaptarse ás plataformas de teledocencia que resultar preciso utilizar. |