Guia docente 2020_21
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 2, I: Alemán
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades organizativas: explicación pormenorizada do programa da materia e do desenvolvemento da mesma dentro e fose da aula, o que implica a descrición das características do curso, contidos, metodoloxía, formas de avaliar e resolución de dúbidas, así como a presentación das diferentes ferramentas de traballo necesarias para a súa aprendizaxe: manual, dicionarios e outros libros complementarios.
Estudo previo O alumno recibirá explicacións e orientación sobre cuestións instrumentais básicas á hora de desenvolver a súa actividade, tanto na aprendizaxe das regras gramaticales básicas do idioma como nas técnicas iniciais da tradución inversa.
Así mesmo explicaránselle cuestións fundamentais como o uso correcto do dicionario.
Resolución de problemas Exercicios de repaso e de control: sesións de prácticas gramaticais e léxicas con exercicios adecuados aos temas expostos.
Prácticas de tradución directa e inversa de frases e textos sinxelos con axuda do dicionario, así como a súa corrección e o comentario das dificultades léxicas, traductolóxicas e gramaticais resultantes.
Resolución de problemas de forma autónoma O alumno realizará exercicios de tipo práctico sobre cuestións gramaticais e léxicas, así como traducións directas e inversas de frases e textos sinxelos con axuda do dicionario.
Lección maxistral Clases maxistrais: exposición teórica de temas gramaticais, léxicos e culturais.
Actividades complementarias: presentación de diferentes tipos de dicionarios con especial fincapé no uso correcto dos dicionarios bilingües español-alemán/alemán-español.
Presentación doutras ferramentas online para a aprendizaxe autónoma dunha lingua estranxeira.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000